Xornada técnica en Monterrei sobre a mecanización sostible do viñedo

Publicidade
Publicidade
Xornada técnica en Monterrei sobre a mecanización sostible do viñedo
Data inicio: 31/10/2018
Data fin: 31/10/2018
Lugar: Parador Castillo de Monterrei, Monterrei, Ourense.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en colaboración coa DO Monterrei e a Fundación Juana de Vega, programou para o próximo 31 de outubro unha xornada técnica sobre mecanización sostible do viñedo. O evento, que se desenvolverá no castelo de Monterrei, ten como obxectivo principal dar a coñecer a maquinaria que se pode adaptar ás diferentes tarefas de cultivo, desde a poda ata a recollida da uva.

A xornada celebrarase de 9 a 14 horas e nela abordaranse cuestións como ‘A poda mecanizada da viña’, ‘A poda de inverno e a poda en verde’, ‘A aplicación de fitosanitarios’ ou ‘A vendima mecanizada’, entre outras.

A asistencia á xornada é gratuita, pero precisa dunha inscripción previa antes do próximo 29 de outubro. Hai un máximo de 100 prazas, estando orientada a actividade para viticultores, adegueiros, persoal técnico das adegas, persoal investigador e estudantes.

A inscripción pódese facer a través da web da Evega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información