A Asociación Terras de Valcarce, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, organiza para o vindeiro martes, 17 de decembro, en Ordes (A Coruña), unha “Xornada sobre xestión de pastos”.
A xornada, que conta co apoio financeiro da Deputación da Coruña, celebrarase a partir das 16:00 horas no local do Sindicato Labrego, na Rúa Alfonso Senra, 117.
Máis información nos teléfonos 981 682 908 e 649 886 267 ou enviando un correo a ordes@sindicatolabrego.com