Xornada sobre venda de produtos agrogandeiros da Serra do Xistral

Publicidade

A Deputación de Lugo organiza este sábado, 30 de novembro, na Casa da Cultura do Valadouro, unha xornada técnica para promover a venda de produtos agrogandeiros vinculados á Serra do Xistral co fin de conseguir o aproveitamento sostible deste territorio protexido.

Esta actividade, que se iniciará ás 10:00 horas, enmárcase no proxecto europeo Life In Common Land que lidera o organismo provincial xunto ás universidades de Santiago e A Coruña, e que se desenvolve neste espazo natural incluído na Rede Natura 2000, dunha extensión de 5.000 hectáreas, que abrangue os concellos de Abadín, Muras, O Valadouro e Ourol, e parte dos de Viveiro e Xove.

O seminario ofrecerá exemplos de boas prácticas que se están a desenvolver noutros espazos naturais protexidos de Galicia para impulsar a comercialización dos produtos agrogandeiros propios do lugar. Deste xeito, a xornada abordará proxectos como a venda online da carne dos Ancares, a comercialización de carne de boi na Reserva da Biosfera Área de Allariz ou da Marca Pastores de Galicia, e a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, entre outros.

O obxectivo desta acción formativa é mellorar o desenvolvemento rural a través da capacitación dos propietarios dos montes, gandeiros, e comunidades de montes veciñais en man común do territorio da Serra do Xistral. A través desta formación preténdese que a poboación local coñeza as posibilidades dos recursos naturais do seu entorno para evitar o abandono das actividades tradicionais nestes hábitats protexidos e preservar este ecosistema único e de gran valor natural.

Programa:
PROGRAMA XISTRAL

Cartel muras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información