Xornada sobre uso múltiple e sistemas silvopastorais nos montes atlánticos

Publicidade
Xornada sobre uso múltiple e sistemas silvopastorais nos montes atlánticos

Vacas aproveitando o mato do monte.

Data inicio: 25/11/2017
Data fin: 26/11/2017
Lugar: Vila de Cruces, Pontevedra, España

Este fin de semana, 25 e 26 de novembro, celebrarase na localidade pontevedresa de Vila de Cruces unha “Xornada sobre uso múltiple e sistemas silvopastorais nos montes atlánticos”. Esta actividade formativa, de carácter gratuíto e que terá lugar no Auditorio Municipal, está organizada pola Xunta de Galicia.

Programa:

Sábado 25 de novembro

10-13.30h “Sistemas silvopastorais e produtos non madeireiros”. Dr. F. J. Silva Pando (CIF-Xunta de Galicia)

“Xestión de sistemas silvopastorais con cabalos, cabras e ovellas”. Dr. A. Rigueiro Rodríguez (USC)

Pausa café

“As plantas medicinais: cultivo e aproveitamentos”. Dna. Carmen Baliño Vázquez (Milhulloa)

“Xestión de sistemas silvopastorais con gando porcino”. D. Iván Rodríguez Paz (ASOPORCEL)

Pausa xantar

15.30-18.30h “Xestión do arborado nos sistemas silvopastorais”. Dr. F.J. Silva Pando (CIF-Xunta de Galicia)

“Produción e valor nutritivo do sotobosque e das matogueiras”. Dra. M. P. González Hernández (USC)

“Outros produtos do monte: Castañas, mel, cogomelos, etc”. D. Enrique Fandiño Cerqueira (Hifas da Terra)

Domingo 26 de novembro

9:00-15:00

• Visita ás parcelas con sistemas silvopastorais de gando cabalar, porcino e outros aproveitamentos. C.M.V.M.C. do Carballo, Friol. Dr. F. J. Silva Pando e M. J. Rozados Lorenzo

• Visita á parcela de aproveitamento silvopastoral. Fornela, Melide. Dna. M. J. Rozados Lorenzo e Dr. F. J. Silva Pando

• Visita á empresa Milhulloa. Dna. María Jesús Expósito Casal

O xantar do sábado non está incluído na actividade formativa O domingo a organización poñerá a disposición dos participantes un autocar gratuíto para o desprazamento ás parcelas

Inscrición:

Os interesados deberán inscribirse e facer a solicitude a través da páxina web da Consellería do Medio Rural ou no enderezo electrónico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán [email protected] Telf.: 986 805 000

As solicitudes deberán remitirse ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán por: Fax: 986 805 031 Email: [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información