Xornada sobre recursos xenéticos de castiñeiro para usos múltiples

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán programou unha sesión en Santiago para analizar os programas de mellora da especie, así como o impacto e perspectivas da praga da avespiña chinesa

Publicidade
Xornada sobre recursos xenéticos de castiñeiro para usos múltiples

Souto de castiñeiros. / Arquivo.

Data inicio: 29/11/2017
Data fin: 29/11/2017
Lugar: Escola Galega De Administracion Publica, Rúa de Madrid, Santiago de Compostela.

A Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, acollerá o próximo mércores 29 de novembro a xornada ‘Os recursos xenéticos de castiñeiro para obxectivos múltiples’. A sesión, organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, é de acceso libre, pero precisa de inscripción previa a traves do correo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal, indicando nome, dni e empresa (de ser o caso).

O programa da xornada técnica é o seguinte:

10 h. – Variedades inscritas no Rexistro de Variedades Comerciais. (Josefa Fernández López).

10.30 h. – Estrutura xeográfica e orixe das poboacións do castiñeiro bravo estimada con marcadores moleculares. (Javier Fernández Cruz).

11 h. – Descanso

11.30 h. – Variación adaptativa no ritmo de crecemento e resistencia á seca das poboacións mediterráneas e setentrionais de castiñeiro da península Ibérica. Aplicacións para Galicia. (Beatriz Míguez Soto).

12 h. – Árbores superiores de castiñeiro para a produción de madeira: unha nova colección de xermoplasma. (Santiago Barciela Rodríguez).

12.30 h. – A orixe xenética das árbores para produción de madeira. (Javier Fernández Cruz).

13 h. – A difusión da avespa do castiñeiro en Galicia e as medidas tomadas pola Consellería do Medio Rural. (José Carlos Costas).

Sesión de tarde

16 h. – O melloramento e a xenética molecular para a resistencia do castiñeiro a ‘Phytophthora cinnamomi’. (Rita Lourenço Costa).

16.45 h. – Potenciais parasitoides nativos que poden actuar sobre ‘Dryocosmus kuriphilus’. (María Josefa Lombardero).

17.30 h. – A caracterización das variedades e outros materiais de castiñeiro polo seu comportamento fronte á avespa. (Beatriz Míguez Soto).

18.15 h. – Mellora xenética do castiñeiro para obxectivos múltiples: a identificación de fontes de resistencia a factores bióticos e abióticos. (Josefa Fernández).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información