Xornada sobre as perspectivas do sector lácteo

Unións Agrarias organiza este mércores unha xornada sobre a situación e retos das ganderías de leite. Intervirán, entre outros, o secretario de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda, e Francisco Sineiro, quen foi catedrático de Economía Agraria

Publicidade
Xornada sobre as perspectivas do sector lácteo
Data inicio: 06/02/2019
Data fin: 06/02/2019
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino, C/ Miguel Ferro Caaveiro, Santiago de Compostela

O sector leiteiro centra unhas xornadas que se desenvolverán na mañá deste mércores en Santiago de Compostela. O acto está convocado por Unións Agrarias, que busca analizar as perspectivas de futuro das explotacións e as novas normativas que están entrando en vigor neste comezo de ano, como a da identificación da orixe do leite, xa en vigor, ou a reforma do Paquete Lácteo, que se publicará previsiblemente nos próximos días.

A xornada contará, entre outras intervencións, con Francisco Sineiro, quen foi catedrático de Economía Agraria na Universidade de Santiago, e co secretario de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda. Espérase tamén a presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, para a clausura do acto.

Programa

10.30 – Recepción.

11 h. – Presentación e inauguración das Xornadas
– Oscar Pose Andrade. responsable de Servicios de UUAA.
– Martiño Noriega Sánchez, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
– Lorenzo Ramos Silva, secretario general de UPA.

11:15 h. – Ponencia: “O Sector Leiteiro: Evolución e Perspectivas de Futuro”
– Presenta e modera: Javier Iglesias Fernández, responsable de Gandería de UUAA.
– Ponente: Francisco Sineiro García, Catedrático de Economía Agraria da Universidade de
Santiago de Compostela.

11:45 h. – Debate

12:00 h. – Ponencia: Novos Retos do Sector Leiteiro. Paquete lácteo e Identificación de Orixe
– Presenta e modera: Román Santalla Agra. secretario de Ganadería de UPA.
– Ponentes:
– Silvestre José Balseiros Guinarte. director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias
Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.
– Fernando Miranda Sotillos. secretario general de Agricultura y Alimentación do Ministerio de
Agricultura, Pesca y Alimentación.

13:00 h. – Debate.

13.30 h. – Acto de clausura.
– Fernando Miranda Sotillos. secretario general de Agricultura y Alimentación do Ministerio de
Agricultura, Pesca y Alimentación.
– José González Vázquez. conselleiro do Medio Rural.
– Roberto García Gozález. secretario xeral de Unións Agrarias- UPA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información