Xornada sobre “A PAC actual e o seu futuro no horizonte 2020-2027”

Publicidade
Data inicio: 29/03/2019
Data fin: 29/03/2019
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

O Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, en colaboración con Caixabank, organiza o vindeiro venres, 29 de marzo, unha xornada sobre “A PAC actual e o seu futuro no horizonte 2020-2027”.

O programa é o seguinte:

-11:30 h. “Necesidades e compromisos nas solicitudes da PAC 2019”. Leonardo Rodríguez Fraga. Técnico da PAC na Asociación Rural Galega en concerto con Caixabank

-12:30 h. “Liñas da PAC 2020-2027”. José Luis Acción Porto, xefe de sección do servizo de axudas agrícolas da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

-13:30 h. Mesa redonda- cuestións e suxestións.

pac_xornada_fonteboa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *