Xornada sobre o uso forestal da cerdeira

Xornada sobre o uso forestal da cerdeira

Plantación de cerdeiras.

O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan este xoves 14 de novembro unha xornada técnica sobre a cerdeira seleccionada para uso forestal. Na sesión abordaranse cuestións como as coleccións de materiais, a propagación, o crecemento en plantacións e a promoción do uso desta madeira.

A xornada terá lugar no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en Pontevedra. Está destinada a novos agricultores e silvicultores, viveiros produtores de plantas, comunidades de montes veciñais en man común, propietarios forestais e ó público en xeral. A inscrición na sesión é gratuíta pero o aforo é limitado, polo que se respectará a orde de recepción de solicitudes. Os interesados deben remitir o formulario cuberto a infolourizan.mr (arroba) xunta.gal.

Detallamos o programa completo da sesión:

-9.30 horas. Presentación da xornada técnica. Enrique Martínez Chamorro, director do CIF Lourizán.

-9.45 horas. Programa de mellora e de innovación de Galicia. Gabriel Toval, enxeñeiro de montes.

-10.15 horas. A silvicultura da cerdeira como madeira de alto valor e perspectiva de mercado. Resultados do proxecto Biotector sobre bioeconomía forestal. Braulio Molina Martínez, enxeñeiro de montes da Asociación Forestal de Galicia.

-10.45 horas. Descanso.

-11.15 horas. Visita á plantación de cerdeira.

-12.00 horas. A multifuncionalidade no monte veciñal de Coiro (Cangas). Manuel Soaxe, secretario da xunta reitora da CM de Coiro.

-12.15 horas. As comunidades de montes e o uso de frondosas. Pedro López, xefe do Distrito Forestal XIX.

-12.45 horas. Multifunción da rede de plantacións de cerdeira do CIF de Lourizán. Mª Eugenia Miranda Fontaíña, investigadora do CIF Lourizán.

-13.15 horas. Mesa redonda con tódolos participantes.

-Consulta aquí o cartel da xornada.

-Descarga a solicitude para a inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información