Xornada sobre o uso de drons no ámbito agroforestal

Santiago acolle o luns 23 un seminario no que se analizan as posibilidades no agro dos veículos aéreos non tripulados

Publicidade
Data inicio: 23/11/2015
Data fin: 23/11/2015
Lugar: Rúa de Airas Nunes, Santiago de Compostela, España

O uso de drons para diversas aplicacións no eido agroforestal resulta unha posibilidade con perspectivas de expansión nos próximos anos. Unhas xornadas analizarán o próximo luns 23 de novembro o estado en Galicia dos veículos aéreos non tripulados (UAV, polas súas siglas en inglés). O seminario está organizado pola empresa CartoGalicia, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio, organismos ambos dependentes da Xunta.

A inscripción é gratuita, pero hai que formalizala antes das xornadas a través deste enlace.

O programa das charlas inclúe ponencias sobre as posibilidades dos drons para a teledetección no ámbito forestal, vitícola ou de análise do chan. Tamén se analizará a súa posible utilización para o control de cultivos ou superficies forraxeiras con subvencións.

Pódese consultar aquí o programa completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información