Xornada sobre o efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros en Galicia

Publicidade
Xornada sobre o efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros en Galicia

Ensaio de rega na Finca Cartelos

Data inicio: 24/01/2018
Data fin: 24/01/2018
Lugar: A VEIGA POBRA DE BROLLÓN

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza este mércores, 24 de xaneiro, unha xornada sobre “O efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán -millo, sorgo e xirasol- na Galicia interior”.

A xornada celebrarase na Finca Robles, no concello lucense da Pobra de Brollón e nela exporanse os últimos resultados dos ensaios levados a cabo en Galicia con sistemas de rega para cultivos forraxeiros de verán, e como inflúe tanto no rendemento en toneladas como en calidades (porcentaxes de amidón e de proteína, entre outros).

O programa é o seguinte:

-11.15-11.45 horas. Resumo dos traballos dos últimos anos en Cartelos (Carballedo-Lugo). Juan Piñeiro Andión, patrón da Fundación José Luis Taboada, Investigador xubilado do CIAM

-11.45-12.15 horas. Cultivos de inverno en rotación co millo: Resultados da ATT 2017/179. Gonzalo Flores Calvete, investigador e Xefe do Departamento de Pastos e Cultivos do CIAM

-12.15-12.45 horas. Efecto da rega por goteo do millo forraxeiro en Cartelos: Resultados da ATT 2017/18. Felipe de Jesús González Alcántara, Ldo. en Medicina Veterinaria e Zootecnia. Alumno de Postgrao (Instituto de Ciencias Agropecuarias y Rurales – Universidad Autónoma del Estado de México).

-12.45-13.15 horas. Efecto da rega por aspersión dos cultivos de millo, sorgo e xirasol cultivados para forraxe na Finca Robles: Resultados das ATT 2017/18. Aída Gómez Miranda, Lda. en Medicina Veterinaria e Zootecnia. Alumna de Postgrao (Instituto de Ciencias Agropecuarias y Rurales – Universidad Autónoma del Estado de México).

Para poder asistir é preciso enviar un correo a gonzalo.flores.calvete@xunta.gal indicando asistencia. As coordenadas GPS do lugar son  42º 35’ 38.73’’ N, 7º 24’ 35.95’’ W.

Esta actividade forma parte do Plan de Acción de Transferencia para o Apoio ás Actividades de Demostración e Información, cofinanciada ao 75% con fondos Feader. As investigacións realízanse dentro do acordo de colaboración entre o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), a Cooperativa ICOS
e Fundación José Luis Taboada.

Una idea sobre “Xornada sobre o efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros en Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información