Xornada sobre innovación no cultivo do millo

Publicidade
Xornada sobre innovación no cultivo do millo
Data inicio: 04/09/2019
Data fin: 04/09/2019
Lugar: INIAV - Estação Experimental António Teixeira, Rua 5 de Outubro, Coruche, Portugal

O Centro Nacional de Competências das Culturas do Milho e Sorgo InovMilho, en Portugal, organiza o próximo día 4 de setembro unha sesión sobre innovación no cultivo do millo. A xornada arrancará ás 9:00 horas e terá lugar na Estación Experimental António Teixeira, situada na vila portuguesa de Coruche.

Na sesión realizarase unha visita ós campos de ensaio do cultivo e tanto as empresas como os expertos do ámbito académico e científico darán a coñecer das técnicas e tecnoloxías innovadoras que potencian a produtividade e a sostibilidade do cultivo do millo.

No transcurso da xornada abordaranse, entre outros temas, a mecanización do cultivo do millo, o uso eficiente da auga de rega, a utilización de bacterias do solo para incentivar o crecemento do millo así como a conservación xenética de variedades tradicionais dada a súa importancia fronte ás alteracións climáticas.

A participación na xornada de campo é gratuíta pero é obrigatorio inscribirse antes do 28 de agosto. Estas sesións do InovMilho son unha referencia no panorama agrícola de Portugal, xa que se presenta como un punto de encontro entre o mundo académico, o sector produtivo e as industrias de apoio.

Precisamente, o centro de Competencias, organizador da xornada, é xa un exemplo destas sinerxías posto que é unha iniciativa da Associação Nacional dos Produtores de Milho e Sorgo, en colaboración co Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária (Iniav) e a Câmara Municipal de Coruche, co que congrega a 34 entidades.

Programa-_InovMilho-

– Accede aquí ó formulario de inscripción para asistir á xornada.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información