Xornada sobre as ferramentas para a mobilidade das terras en Galicia

Publicidade
Xornada sobre as ferramentas para a mobilidade das terras en Galicia

Fincas en Xunqueira de Ambía recuperadas do abandono

Data inicio: 25/10/2018
Data fin: 25/10/2018
Lugar: Edificio CACTUS-Lugo, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, en colaboración co Laboratorio do Territorio (Laborate) da USC, organiza o vindeiro xoves, 25 de outubro, unha “Xornada Técnica: Ferramentas para a mobilidade de terras en Galicia”, un tema de plena actualidade debido á necesidade de posta en produción das terras abandonadas e de redimensionamento das parcelas.

A xornada, que está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018 da Consellería do Medio Rural, celebrarase no edificio Cactus da USC en Lugo.

Programa da xornada:

10:00 – 10:15 Presentación

10:15 – 11:00 Reflexión grupal: “As necesidades da base territorial”

11:00 – 11:20 Banco de terras — Francisco José Ónega López (Técnico de Apoio a Investigación do LaboraTe – USC)

11:25 – 11:45 Reestruturación Parcelaria e Permutas – María Pérez Folgueira (Servizo de Infraestructuras Agrarias de Lugo)

11:45 – 12:15 Pausa – Café

12:15 – 14:00 Proxectos piloto:

– Mobilizate: María Pérez Folgueira (Servizo de Infraestructuras Agrarias de Lugo)
– Proxecto MARCOS : María Pérez Folgueira (Servizo de Infraestructuras Agrarias de Lugo)
– Ferramenta informática para a Agrupación de Parcelas Jorge Parapar (Técnico de Apoio a Investigación do Grupo de Arquitectura de Computadores – UDC)

16:00 – 18:30 Taller AGRUPA – Exploraremos as potencialidades da ferramenta informática para a Agrupación de Parcelas en zonas piloto da comarca de Lugo.

18:30 – 19:00 Conclusións – Coloquio / Clausura.

Inscricións e información: 98294934 ou mo mail javier.bruna.garcia@xunta.gal

Descarga aquí a folla de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información