Xornada sobre crianza do porco celta nos soutos e carballeiras de Galicia

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza en Rois unha sesión técnica que inclúe visitas a explotacións da zona

Publicidade
Xornada sobre crianza do porco celta nos soutos e carballeiras de Galicia

Explotación extensiva de porco celta. / Arquivo.

Data inicio: 15/09/2018
Data fin: 15/09/2018
Lugar: Rois, A Coruña, España

A sala de usos múltiples do Concello de Rois acollerá o sábado 15 de setembro unha xornada sobre crianza do porco celta nos soutos e carballeiras de Galicia. A actividade, organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, divídese en dúas partes, unha de mañá con ponencias técnicas e outra de tarde con visitas de campo a explotacións da zona.

O programa da xornada, que comeza ás 9.30 horas da mañá, é o seguinte:

– Presentación das xornadas e descripción do proxecto de xestión de sistemas silvopastorais en masas atlánticas de folla caduca con razas autóctonas de porco en réxime extensivo (Francisco Javier Silva, Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

– Aproveitamento de soutos con porco gochu asturcelta en Asturias (Begoña de la Roza, Serida).

– Experiencias con porco celta nos soutos lucenses (Rosa Mosquera)

(Pausa café)

– O ensaio de porco celta en carballeiras de Rois (Francisco Javier Silva).

– Mesa redonda. Os sistemas silvopastorais con porco celta e outras producións.
Con Xosé Manuel Tubio (comunidade de montes Cubela, Contimunde e Rois); Xosé Manuel Iglesias (comunidade de montes do Carballo, Friol), Iván Rodríguez (Asoporcel) e Francisco Javier Silva (moderador).

Visita de campo (16-21 horas)
– Visita ás parcelas do proxecto desenvolvido por Lourizán no monte da Salvada, en Rois, na comunidade de montes Cubela, Contimunde e Rois.

– Visita a explotación de porco celta en Urdilde, na granxa Fogar do Selmo.

– Práctica de demostración con produtos de uso culinario. Fogar do Selmo.

A xornada é gratuita, pero é precisa a inscripción previa. No folleto informativo da xornada están as indicacións para a inscripción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información