Xornada sobre como se transmiten de forma natural os nutrientes na cadea alimentaria

Publicidade
Data inicio: 22/02/2019
Data fin: 22/02/2019
Lugar: Recinto Feiral de Silleda, Rúa Feira Internacional de Galicia, Silleda, España

A cooperativa Delagro organiza dentro de Cimag-GANDAGRO unha xornada técnica sobre “Transmisión natural de nutrientes na cadea alimentaria”. Será o día 22 de febreiro no Miradoiro Pavillón 2 do Recinto Feiral Abanca en Silleda (Pontevedra).

A xornada, dirixida a profesionais do sector agroalimentario que estean implicados na cadea alimentaria (nutrición vexetal, nutrición animal e nutrición humana) analizará como se pode fomentar as achegas naturais de nutrientes nos distintos chanzos da cadea alimentaria, por exemplo os micronutrientes que se poden transmitir directamente desde o abonado ás forraxes e destes aos animais, reducindo o uso de produtos químicos de síntese.

Programa da xornada:

-10:15h Presentación e moderación. Gustavo Espinosa, director Comercial de Delagro S.Coop.

-10:30h “Importancia na cornixa cantábrica do Selenio e outros oligoelementos na nutrición e saúde animal”. Marta I. Miranda Castañón, profesora Titular do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias (APACCV) da Universidade de Santiago de Compostela

-11:10h “Solucións nutritivas para forraxeiras: Nitróxeno, Xofre e Selenio”. Luís Ángel López, director do departamento agronómico de Yara Iberian SAU

11:50h “UNICLA. Un caso práctico de optimización do perfil saudable do leite a través da alimentación das vacas. Evolución do status sanguíneo de selenio e outros marcadores de saúde, en ensaios clínicos realizados en condicións de vida real, en consumidores de lácteos UNICLA”. Ismael Martínez, veterinario de CLUN. Proxecto leite UNICLA

12:30h “Leite pasteurizado: a excelencia sensorial e funcional”. Ángel Pereira, director i+D+i de Dairylac

-13:10h “Morenas e verdes, un exemplo de produción e comercialización de carne ecolóxica de vacún cun amplo perfil nutricional baseada en pasto”. José Luís Vaz, xerente de Verin Biocoop

-13:50h Clausura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *