Xornada sobre a cera e de prevención de riscos laborais na apicultura

Xornada sobre a cera e de prevención de riscos laborais na apicultura

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza para este sábado, 15 de xuño, dous cursos na sede de Apícola Carballal, en Ourense. Hoxe é o último día para realizar a inscrición.

Comezará cunha xornada práctica de formación sobre a cera, na que se explicará a importancia da cera na saúde da colmea, as diferentes alternativas para a súa renovación e como realizar un correcto manexo, tanto no recambio da cera dentro da colmea como no proceso de fundido e laminado.

A formación inclúe unha visita nas instalacións de Apícola Carballal para ver o procesado da cera, do mel, a elaboración de cervexa e a tenda de material apícola.

A participación é de balde, só para socios e socias de AGA, pero é precisa a inscrición previa, enviando a AGA a ficha de inscrición.

Ó rematar a xornada haberá unha charla sobre prevención de riscos en apicultura, organizada xunto co Sindicato Labrego Galego e que tamén é de balde. Para asistir á charla é preciso anotarse por separado.

Máis información no teléfono 981 508 142 ou enviando un email a info@apiculturagalega.es

Descarga aquí a ficha de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información