Xornada sobre a avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia

Publicidade
Xornada sobre a avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia

Técnicos do CIAM nun campo de ensaio de millo.

Data inicio: 04/09/2015
Data fin: 04/09/2015
Lugar: Rúa Marqués de Ugena, Sarria, España

17 Anos de Avaliación de Variedades Comerciais de Maíz Forraxeiro en Galicia é o título da xornada técnica que terá lugar o próximo venres 4 de setembro na Casa da Cultura de Sarria (Lugo), organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo(CIAM)-Ingacal.

Esta xornada está dirixida aos representantes das distintas casas comerciais de millo forraxeiro que participan nos ensaios, aos técnicos das cooperativas agrarias, aos gandeiros e agricultores e ao persoal das oficinas agrarias comarcais da Consellería del Medio Rural e ten como principal obxectivo que os gandeiros e técnicos das cooperativas dispoñan dos criterios axeitados para escoller ben as variedades de millo forraxeiro, co fin de mellorar a competitividade e rendibilidade das súas explotacións.

O prazo de inscrición está aberta ata o 3 de setembro.

Programa da xornada:

10.00-10.30
Rexistro de asistentes e entrega de documentación

10.30-11.15
Fertilización de cultivos forraxeiros
María Isabel García Pomar (Investigadora CIAM)

11.15-12.00
17 anos de ensaios do programa de avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia
María José Bande Castro (Investigadora CIAM)

12.00-12.30
Foro de debate coa participación dos relatores e asistentes
Moderador: José Folgueiras López (OAC Sarria)

12.30-13.30
Visita ó campo de ensaio de variedades comerciais de millo forraxeiro sito no lugar de Rubín (Sarria)
D. Marcial Pérez Barrio (Servizo de Explotacións Agrarias – Lugo)
Dª Angela Fernández Rodríguez (Dona da explotación)
María José Bande Castro (CIAM – INGACAL)

Lugar de realización
Casa da Cultura de Sarria (Marqués de Ugena s/n, 27600 Sarria (Lugo)) e Campo de ensaio

Inscricións:
María José Bande Castro, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)-INGACAL.

Tel. 881 881 871 // 881 881 848, e-mail: mariabande@ciam.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información