Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’ en A Baña

Publicidade
Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’ en A Baña

Detalle do cartel da V Xornada do Rural 'Pousa Antelo', realizado por Tomás Cuesta.

San Mamede de Monte, en A Baña (A Coruña), acolle o sábado 30 de novembro a V Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’. A Asociación Cultural Afonso Eanes, coa colaboración da Asociación de Veciños O Outeiro de San Mamede de Monte, organizan un programa de actividades que se levarán a cabo no local social de San Mamede de Monte.

Ó longo da xornada abordaranse temáticas como a xestión e posta en valor do rural, así como iniciativas sostibles para o aproveitamento do monte. A sesión será gratuíta e o xantar, que será na Parrillada do Barro (A Baña), terá un custo de 16 euros para o público xeral e 10 euros para os socios do colectivo organizador. As persoas interesadas en participar no xantar deberán anotarse antes do 28 de novembro enviando un correo electrónico a afonsoeanes(arroba)gmail.com ou no teléfono 627 162 939.

Recollemos, en detalle, o programa de actividades.

10.15 -10.30 horas. Recepción dos asistentes e presentación da xornada.

10.30 -11.15 horas. Propostas para un rural do século XXI, por María do Mar Pérez, doutora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria.

11.15 – 11.45 horas. Descanso para o café.

11.45 – 12.30 horas. Xestión e posta en valor de pequenas propiedades herdadas no rural, por Xosé Antonio Meixide Fernández, enxeñeiro técnico agrícola e xefe de explotación no CFEA de Guísamo.

12.30 – 13.30 horas. Conflitos e problemas do rural na nosa comarca, por Ana Riveiro Currais, enxeñeira técnica agrícola.

13.30 – 16.00 horas. Parada para o XANTAR.

16.00 – 16.45 horas. Iniciativas sostibles para o control da praga do Eucalipto, por Francisco Javier Gómez Lemos, presidente de ASFONOR.

16.45 – 17.15 horas. Descanso para o café.

17.15 – 18.15 horas. Enerxía eólica e xustiza enerxética na Coruña: o caso da comarca da Barcala, por María Montero e Xavier Simón, membros do Observatorio Eólico de Galicia.

18.15 horas. Clausura da xornada.

-Consulta tódolos detalles da xornada. 

 

CARTEL-V-XORNADA-Pousa-Antelo-

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información