Xornada ‘Monte e Saúde’ sobre os beneficios que xeran os bosques para o benestar

A Asociación Forestal de Galicia organiza a actividade este venres 7 de febreiro en Santiago. O evento completarase na fin de semana con dúas actividades prácticas de baños de bosque

Xornada ‘Monte e Saúde’ sobre os beneficios que xeran os bosques para o benestar

Monte demostrativo do Pico Sarco, onde se desenvolverán sesións prácticas de baños de bosque.

Que papel xoga o monte no benestar e saúde das persoas? Unha xornada organizada pola Asociación Forestal de Galicia abordará a cuestión este venres 7 de febreiro en Santiago. Da man de diferentes expertos, a xornada explicará como o monte pode mellorar a saúde e, no caso dos maiores, facilitar un avellentamento activo. Presentarase tamén a terapia coñecida como ‘baños do bosque’, que se está a practicar en numerosos países avanzados como xeito de reconectar coa natureza para reducir o estrés e mellora-lo benestar.

Outra cuestión que se tratará nas xornadas é o potencial dos montes galegos como fornecedores de materias primas de gran importancia na medicina actual, na cosmética e na alimentación, aspectos que poden mellorar a renda dos propietarios forestais e contribuír a facer sostible a xestión dos montes.

Esta xornada, que se organiza dentro do proxecto Biotecfor, é de acceso libre, pero precisa de inscripción previa, que se pode facer a través do e-mail afg (arroba) asociacionforestal.org ou dos teléfonos 981 564 011 ou 618 752 214. O lugar de celebración é o Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.

Programa da xornada ‘Monte e Saúde (Venres 7 de febreiro)

18 h. – Presentación do monte en Galicia. Explicación da iniciativa de Monte Demostrativo do Pico Sacro (Francisco Javier Fernández de Ana Magán, presidente da Asociación Forestal de Galicia).

18.30 h – Pode o monte beneficiar a túa saúde? (Victoria Roel Bonome, médico especialista en Medicina Natural Integrativa e Nutrición Clínica e Psicoterapia Consciente).

19 h. – Avellentamento activo: o bosque como recurso social (Carmen de la Sierra Vázquez, traballadora social, coordinadora da Unidade de Dependencia na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia).

19.30 h – Baños e terapia de bosque: práctica de benestar ‘versus’ práctica terapéutica (Alex Gesse, Director executivo do Instituto de Baños de Bosque e Forest Therapy Institute).

20.00 h – Debate

Actividades complementarias – Baños de bosque (Sábado 8 e domingo 9)

Estas conferencias compleméntanse con dúas actividades no campo organizadas polo Instituto de Baños de Bosque, nas que un especialista deste Instituto acompañará ás persoas interesadas, que gozarán dunha sesión de baños de bosque. Haberá un baño de bosque o 8 de febreiro pola mañá e un taller de baño de bosque (días 8 e 9).

As actividades complementarias, que se desenvolverán no Monte Demostrativo do Pico Sacro, da Asociación Forestal de Galicia (AFG), son de pago, existindo un desconto para as persoas socias da Asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información