Xornada formativa da IXP Mel de Galicia

Publicidade
Xornada formativa da IXP Mel de Galicia
Data inicio: 14/04/2018
Data fin: 14/04/2018
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España

O vindeiro sábado 14 de abril, a partir das 10 horas, o Salón de Graos do Centro de Formación e Experimentación de Sergude acollerá a IV Xornada Informativa da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, impulsada polo Consello Regulador.

Durante o transcurso desta cita, orientarase aos presentes sobre as obrigas e requisitos a cumprir polos inscritos na IXP Mel de Galicia, as axudas para os novos produtores acollidos, a hixiene dentro da produción apícola e a importancia da imaxe e do packaging na comercialización do mel.

As Xornadas Informativas estarán especialmente destinadas aos profesionais da apicultura, así como aos envasadores involucrados neste sector en pleno auxe. A entrada ás conferencias será libre e de balde.

De forma pormenorizada, destacar que ás 10 horas terá lugar a apertura da IV Xornada Informativa da man de Mª Ester Ordóñez Dios, Presidenta da CRIXP Mel de Galicia. Posteriormente, ás 10.30 horas, a guía práctica para o inscrito e a promoción do Consello Regulador será o centro da segunda intervención, a cargo de María de Diego Roldán e Dna. Beatriz Ríos Cebreiros, Secretaria e Técnica respectivamente do CRIXP Mel de Galicia.

Ás 11.15 horas arrancará a intervención de Gerardo Rivero Cuesta, Xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, co fin de informar aos asistentes sobre todos os requisitos hixiénicos, os rexistros e as operacións necesarias para a produción primaria. Tras unha breve pausa prevista para ás 12 horas, ás 12.30 dará comezo a conferencia de Elvira Furelos Ferreirós, Directora da Axencia Naranjalimón Branding 360º, quen orientará aos presentes sobre a importancia da imaxe e do packaging coma estratexia de marketing, de cara a profesionalizar o sector. Finalmente, o evento clausurarase ás 13.30 horas.

Desde a CRIXP Mel de Galicia animan á participación, lembrando que a apicultura moderna constitúe unha posibilidade de negocio sostible e real.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *