Xornada de produción láctea o martes 26 en Santiago

Publicidade
Xornada de produción láctea o martes 26 en Santiago
Data inicio: 26/06/2018
Data fin: 26/06/2018
Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións, Santiago de Compostela

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza o próximo martes 26 de xuño en Santiago unha xornada dirixida a produtores de leite. A actividade conta cunha primeira parte de catro ponencias técnicas e unha segunda de obradoiro, na que que os gandeiros debatirán en grupos sobre cuestións como manexo dos rabaños, perigos e oportunidades para as ganderías ou solucións prácticas.

O horario da xornada é de 10 da mañá a 13 horas da tarde. A sesión comezará con catro ponencias técnicas, que abordarán as seguintes cuestións:

– Características dos sistemas de produción de leite e a súa influencia sobre o valor do leite en Europa (Paul Swagemaker; Universidade de Vigo).

– Parámetros de futuro para o pago por calidade en Galicia (César Resch, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).

– Resposta de gandeirías ao mercado (Alberto Menghi).

– Capacidade de manexo na granxa ante as variacións do mercado (Roger Hildreth, gandeiro do Reino Unido).

A actividade, que se enmarca na rede europea Eurodairy, é de carácter gratuito, se ben hai que inscribirse previamente a través do teléfono 679-46.50.62 (María Rey, Agaca). A rede Eurodairy, na que participan organismos de 14 países europeos, conta en Galicia coa participación de Agaca, do Ligal e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Agacal).

Máis información
Programa completo da xornada de Eurodairy en Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información