Xornada de portas abertas para catar gratis os queixos de Galicia

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC organiza para este venres unha xornada de portas abertas na súa sede do Campus Terra de Lugo con motivo do Día Internacional do Leite. A xornada inclúe unha cata gratuíta das moitas variedades de queixo elaboradas en Galicia.

O programa é o seguinte:

17:00 – 17:30 Charla explicativa sobre o APLTA
17:30 – 18:00 Visita ás instalacións
18:00 – 20:00 Degustación de queixos galegos (presentados polas queixerías), viño, pan e café

Para apuntarse é necesario enviar datos (nome completo e profesión) a comunicacion@aplta.es Limitarase a asistencia a 80 prazas por motivos de espazo.

Podes consultar máis información en: goo.gl/2roFuQ 

apl_cata

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información