Xornadas de portas abertas nas rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra

A actividade de enoturismo, que se celebra este fin de semana, inclúe a oferta de autobuses para a realización de visitas guiadas e gratuítas a adegas, museos e elementos patrimoniais

Publicidade
Xornadas de portas abertas nas rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra

Vista da Ribeira Sacra.

As rutas do Viño de Galicia, que constituúen unha iniciativa orientada a promover o enoturismo, culminan este fin de semana en Valdeorras, Monterrei e a Ribeira Sacra as súas sextas Xornadas de Portas Abertas. Todas as adegas participantes teñen prevista a realización de visitas guiadas e gratuítas este sábado (11.30, 13 e 17 horas) e domingo (12 horas).

As xornadas ofrecen tamén a posibilidade de tomar os autobuses do viño, que en cada unha das tres denominacións fan percorridos guiados por parte das adegas e por museos e elementos patrimoniais. Colaboran tamén na ruta os restaurantes de cada zona, que ofrecen menús especiais acompañados dos viños da denominación correspondente.

Monterrei
En Monterrei, os autobuses do viño pódense tomar sábado e domingo desde Ourense. Inclúense visitas a distintas adegas, ó castelo de Monterrei e á sala de exposicións de Verín. Pódese acceder a toda a información na web das xornadas.

Valdeorras
A xornada de Portas Abertas de Valdeorras inclúe 12 rutas (con 12 autobuses) para visitar distintas adegas da denominación. Dez teñen saída na propia comarca de Valdeorras, con diversos puntos de parada para recoller ás persoas interesadas, e outros dous teñen punto de partida o domingo de Lugo e de Ponferrada.

A programación especial deseñada para as xornadas inclúe a IV Festa de Portas Abertas, que consiste nunha degustación popular o venres a partir das oito da tarde no Paseo do Malecón de Valdeorras. Pódese consultar toda a información na web das xornadas.

Ribeira Sacra
A ruta do Viño da Ribeira Sacra ofrece autobuses do viño con saídas o sábado desde Lugo, Ourense e Monforte; en tanto que o domingo teñen saída desde Ourense e Monforte.

O programa de actividades especiais inclúe tamén unha ruta guiada á beira do río Miño e unha cata comentada, ambos eventos con prazas limitadas e necesidade de inscripción previa. Pódese consultar toda a información na web das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información