O Sindicato Labrego Galego organiza para o día 6 de novembro, mércores, a 4ª Xornada de Granxas Abertas na que esta vez as persoas inscritas visitarán proxectos de horta e froita, nas comarcas de Compostela (Vedra) e Tabeirós- Terra de Montes (Paradela- A Estrada).
É preciso confirmar asistencia. Para información da visita contactar co correo mocidade@sindicatolabrego.com, ou no teléfono 981554147 (preguntar por Nesi ou Conchi).
Programa:
Ás 11.30h visita a horta “BURBULLAS DE SOL” (SAN MAMEDE- VEDRA) onde Conchi e Miguel producen horta e froita, principalmente, vendendo toda a súa
produción en mercados e en cestas, tanto pechadas como abertas.
Ás 13.30h visita a Pura e o seu proxeto “HORTASAN” (SAN MAMEDE-VEDRA) que vende case toda a súa produción na praza de abastos de Pontevedra.
Ás 15.00h Xantar
Ás 16.30h visita ao proxecto de horta e froita “É VIDA”, de Óscar (PARADELA- A ESTRADA) que comercializa a súa produción case na súa totalidade en tendas pequenas da comarca.