Xornada de formación sobre os riscos sanitarios en explotacións de porcino

Data inicio: 01/02/2020
Data fin: 01/02/2020
Lugar: Granxas Ecoloxicas de Lousada, Lousada, España

Granxas de Lousada, en colaboración con ASOPORCEL, organizan o vindeiro 1 de febreiro unha xornada formativa sobre “Riscos sanitarios en explotacións de porcino”.

A xornada é de carácter gratuíto e celebrarase na Escola dos Altos de Verís, Irixoa (A Coruña). O xantar é optativo e terá lugar no O Garfo (prezo máximo 15 €). Inscricións e información no teléfono 657 103 467

Programa da xornada:

10:30 – 11:00 h. “Prevención fronte á triquinose”. Luis Xabier Couto Lorenzo. Dirección Xeral de Saúde Pública, Consellería de Sanidade.

11:00 – 11:30 h. “Prevención fronte á peste porcina africana”. José Fernando del Río Castañón. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural.

11:30 – 12:00 h. “A importancia da bioseguridade e do programa sanitario nas explotacións extensivas de Porco Celta”. Servizos veterinarios de Asoporcel

12:00 – 13:00 h. Mesa redonda e debate dos ponentes e asistentes

13:30 h. Xantar

15:30 h. Visita á explotación extensiva ecolóxica de Porco Celta de Granxas de Lousada

programa porcino granxas de lousada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información