Un Ribeiro, un Ribeira Sacra e un Ribeiras do Morrazo logran a Gran Medalla de Ouro do concurso de viños ViniEspaña

Publicidade
Un Ribeiro, un Ribeira Sacra e un Ribeiras do Morrazo logran a Gran Medalla de Ouro do concurso de viños ViniEspaña

Xiana 2017, un viño dunha pequena adega familiar da Denominación de Orixe Ribeira Sacra; “Os Areeiros 2017”, un viño da recén creada IXP Ribeiras do Morrazo, e Alter 2017, da adega Priorato de Razamonde, na DO. Ribeiro,  lograron a Gran Medalla de Ouro no I Edición do Concurso de Viños ViniEspaña, celebrado en Xerez os pasados días 19 e 20 de abril.

Neste primeiro concurso de viños organizado pola Federación Española de Asociacións de Enólogos valoráronse unhas 300 mostras de viños de todo o territorio nacional. O xurado estivo composto por 40 dos máis importantes catadores do panorama nacional, na súa maioría enólogos das distintas asociacións rexionais integrantes de FEAE.

Premiados galegos: 

 

Medalla Gran Ouro:
ALTER 2017 (PRIORATO DE RAZAMONDE S.L),

OS AREEIROS 2017 (GUILLERMO MARTINEZ PINTOS),

XIANA 2017 (CHAO DO COUSO S.L.)

Medalla Ouro:
LAGAR DE COSTA 2017 (LAGAR DE COSTA S.L.),

CATRO FERRADOS 2017 (JOSE VARELA AGUADO),

AQUITANIA 2017 (BODEGAS AQUITANIA S.L.), EDUARDO PEÑA 2017 (BODEGAS EDUARDO PEÑA),

MONICA ALBOR 2017 (MONICA ALBOR LÓPEZ),

CARBALLAL DE SANDE ALBARIÑO LIAS 2016 (CARBALLAL DE SANDE S.L.),

CENTOLA 2017 (PACO Y LOLA),

PROENCIA MENCIA 2017 (TOMÁS ARIAS FERNÁNDEZ),

CORGA 2016 (PEREIMOS 2007 S.L),

PRÓMINE 2017 (BODEGAS PETRÓN S.L.)

Medalla Plata:
RAMON DO CASAR TREIXADURA 2017 (RAMÓN DO CASAR S.L.),

RAMON DO CASAR LENTO 2016 (RAMÓN DO CASAR S.L.),

BOUZA DO REI ALBARIÑO 2017(BOUZA DO REI S.A.T.),

AS MURAS 2016 (JAVIER MÉNDEZ ARIAS),

PRIORATO DE RAZAMONDE 2017 (PRIORATO DE RAZAMONDE S.L.),

MARÍA ANDREA 2017 (BODEGAS EDUARDO PEÑA),

CANCION DE ELISA 2017 (ADEGA DONA ELISA S.L.) ,

O VELLO BODEGUEIRO 2017 (MARIA DEL CARMEN LAGO CASTRO),

QUINTA DA PEZA GODELLO 2017 (QUINTA DA PEZA S.L.),

PE DE PERDIZ 2017 (MERCEDES GONZALEZ GONZALEZ),

GUIMARO 2017 (PEDRO MANUEL RODRÍGUEZ),

ALCOUCE 2011 (CHAO DO COUSO S.L.),

BARBADO 2014 (JAVIER MÉNDEZ ARIAS).

Dende a Asociación Galega de Enólogos (AGE) valoran que “trátase dunha boa escolma de premios que demostran a calidade dos viños galegos e o bo facer dos nosos enólogos”. 

Esta é a lista completa de viños premiados na primeira edición de ViniEspaña:

premios_viniespaña18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información