Xa se poden solicitar os postos do Mercado de Primavera do Valadouro

Este ano celébrase a 14 edición e terá lugar o 28 de marzo polas rúas de Ferreira. O prazo para reservar sitio para poder participar remata dez días antes. As solicitudes hai que presentalas no Concello.

simbolo Mercado de Primavera Valadouro 660x440O 28 de marzo a vila de Ferreira do Valadouro volta o pasado, coa XIV edición do Mercado Tradicional de Primavera. O Concello, organizador desta cita de referencia na comarca da Mariña, ten aberta a inscrición para solicitar postos para participar na edición deste ano.

Como en anteriores edicións, o programa será moi variado e incluirá artesanía, obradoiros, postos con produtos autóctonos, demostracións, musica tradicional, xogos populares, paseos a cabalo, animación, tapeo polos locales de hostalaría da localidade, concertos, etc.

Unha vez máis as zocas volverán ser as protagonistas da vestimenta do público asistente, chegado de toda a comarca, e tanto os vendedores como os distintos postos estarán caracterizados como se dun mercado tradicional galego dos anos 40 ou 50 do século pasado se tratase.

As persoas interesadas en colocar o seu posto de artesanía ou de produtos autóctonos pode atopar toda a información necesaria e descargar o formulario de solicitude no seguinte enlace.

Mercado Primavera 2020 660px apaisada

NORMATIVA:

HORARIO MÍNIMO: De 10:00h. a 19:00h.
Establécese un compromiso de horario de participación mínima de cada un dos postos que forman parte do Mercado de Primavera entre as 10:00h. e as 19:00h. A partires daí, será decisión de cada posto continuar ou recoller os seus produtos.
Poderase acceder ao recinto feiral con vehículos desde as 8:00 e ata as 10:00 e entre as 19:00 e as 21:00 horas e despois das dúas da madrugada do día 29 de marzo. Fora deste horario, so poderán acceder ao recinto feiral os vehículos autorizados (animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 22 de xaneiro ó 18 de marzo
Establécese unha inscrición entre o 22 de xaneiro e o 18 de marzo podendo formalizarse nas oficinas da Casa da Cultura (de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00), por teléfono no 982571516, por email en cultura@valadouro.org ou mesmo na sede electronica do Concello de O Valadouro.
Se chegado o día ainda quedaran postos vacantes, estes poderíanse ocupar ata cubrir cupo.

UBICACIÓN:
A ubicación de postos do Mercado de Primavera será polas rúas Andrés López Palmeiro, Severino Cociña, Praza de Santa María (incluido O Cantón) e Avenida de Viveiro.

CANTIDADE DE POSTOS:
Cada solicitude estará asociada a cada posto e cada posto asociado a un número de identificación fiscal.

DISTRIBUCIÓN:
A organización distribuirá os distintos postos polas rúas polas que transcurre o mercado atendendo a criterios de organización e comercialización.

CARACTERIZACIÓN:
Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo Concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

RESPONSABILIDADES:
A organización da actividade exímese de calquera tipo de responsabilidade sobre os postos e a mercancía que cadaquén oferte facéndose responable do produto alí exposto a persoa solicitante. Non se obriga a que os responsables de cada posto estean presentes todo o tempo diante ou detrás de cada posto pero si responsabilizarse dos produtos.

DECISIÓNS:
Os responsables de cada posto acatarán toda canta decisión se lle transmita desde a propia organización e/ou membros de seguridade e sempre baixo unhas condicións de repecto mutuo entre ambas partes.
Non facer caso das ordes recomendadas podería ser motivo de expulsión do mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información