Data inicio: 29/11/2016
Data fin: 29/11/2016
Lugar: Teatro Afundación Vigo, Rúa Policarpo Sanz, Vigo, España
Os Parladoiros, un evento adicado a divulgar iniciativas innovadoras no rural, celebrará a súa edición 2016 este martes a partir das 18 horas no auditorio do Teatro Afundación, en Vigo. O evento contará coa participación de 5 emprendedores rurais que contarán as súas experiencias.
Este ano, as iniciativas que participan son as seguintes:
– Muuhlloa (Monterroso). A explotación de vacas de Granxa Maruxa, coñecida pola elaboración de galletas de nata, e a experiencia na produción ecolóxica de Milhulloa únense nun innovador proxecto que se enfoca na elaboración de leite hidratante 100% ecolóxica.
– Fogar do Santiso (Teo). É un restaurante que traballa con verduras e froitos da súa horta ecolóxica e con carnes de razas autóctonas procedentes de produtores seleccionados. O Fogar do Santiso distínguese tamén polo seu esforzo na redución de residuos e no uso de materiais reciclados no seu edificio. Este verán abriu un restaurante en Oleiros coa mesma filosofía de comida, se ben nun espazo cun estilo distinto do local de Teo.
– Orballo (Betanzos). Empresa que comercializa unha gama de produtos ecolóxicos que inclúe plantas aromáticas, especias, infusións e ecoarroces á carta.
– Naturavia (Ribadavia), adicada a elaborar cosmética con ingredientes naturais.
– Woodworks Buschmann Bella (Corcubión). Trátase dun proxecto de traballo artesanal da madeira do que é responsable Frank Buschmann, que se ten formado como creador, deseñador industrial e ebanista.
As entradas para asistir ós Parladoiros pódense adquirir ó prezo de 5 euros na taquilla do Teatro Afundación ou por internet. Os Parladoiros están organizados polo Mercado da Cosecha, unha iniciativa de responsabilidade social da Corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia) e que conta coa colaboración das empresas R e Gadis.