Viana do Bolo une entroido e gastronomía nunha das celebracións máis antigas de Galicia

O domingo 23 de febreiro celébrase na vila ourensá de Viana do Bolo a Festa da Androlla, que este ano celebra os seus 50 anos e na que os visitantes poderán degustar este embutido tradicional no cocido galego desta comarca.

A degustación será ás 14:30 horas no pavillón municipal. As entradas teñen un custo de 17 euros. A comida inclúe consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos e patacas. E de sobremesa bica, café e queimada. As entradas hai que mercalas previamente na oficina municipal ou chamando aos teléfonos 988 340 120 ou 988 329 260

A Festa da Androlla coincide co tradicional Domingo Gordo de Entroido,  festa declarada de Interese Turístico Galego, que terá o seu punto central ás 12:00 horas co desfile de Fulións, Boteiros e carrozas polas rúas da vila ata a Praza Maior.

Velaquí o programa:
web viana TRIPTICO VALIDO2

WEB viana cartel entroido 2020 con logos

web CARTEL FESTA DA ANDROLLA 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información