As vendas dos viños galegos acadaron case 225 millóns na última campaña

A produción comercializada na campaña 2015-2016 foi de 39,8 millóns de litros, o que supón a cifra máis alta nos últimos dez anos. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a lista de 29 adegas que recibiron axudas para promoción fóra da Unión Europea.

Publicidade
As vendas dos viños galegos acadaron case 225 millóns na última campaña

Os viños galegos amparados por algunha das cinco Denominacións de Orixe facturaron na última campaña 2015/2016 case 225 millóns de euros, cunha produción comercializada de 39,8 millóns de litros.

Estes datos adiantounos este xoves a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, durante a sua comparecencia na Comisión 7ª para informar sobre os datos de produción e comercialización de viño galego con selo de calidade na última campaña 2015/2016.

Belén do Campo explicou que se trata “dunhas cifras históricas para o sector vitivinícola, xa que o volume de viño con DO comercializado é o máis alto dos últimos 10 anos”. Se analizamos este dato por denominación de orixe, Rías Baixas encabeza a produción co 55,72% sobre o total, seguida polas DO Ribeiro (20,18%), Valdeorras (10,29%), Ribeira Sacra (7,84%) e Monterrei, que representa o 5,96%.

Dos case 39,8 millóns de litros comercializados, sinalou a directora xeral, para o mercado exterior saíron 7,7 millóns de litros, o que representa un 19,35% do volume total. En termos económicos supuxo un valor de 38,4 millóns de euros. Belén do Campo subliñou que estas cifras veñen consolidar a boa marcha das exportacións de viño galego, que nos últimos anos amosan unha tendencia crecente continuada.

Por denominacións de orixe, Rías Baixas exportou 6,2 millóns de litros o que supón o 28% do viño comercializado por esta DO e o 81 % do volume total de viño galego con indicativo exportado na campaña 2015/2016. No outro extremo estaría a DO Ribeira Sacra, que exportou preto de 134.000 litros, o que representa o 1,7 % do total exportado. Porén, salientou Belén do Campo, as exportacións nesta denominación de orixe evolucionan moi positivamente e o valor da última campaña é case trece veces superior á de fai dez anos.

Publicada a lista de adegas beneficiarias das axudas para accións de promoción fóra da Unión Europea

Un total de 29 empresas do sector galego do viño beneficiáronse das axudas xestionadas por Medio Rural para a promoción da súa produción en mercados de terceiros países (fóra da UE) na convocatoria de 2016. En total, recibiron achegas por importe de algo máis de 901.000 euros, de acordo coa resolución publicada este venres no DOG pola que se dá publicidade a estas subvencións, que están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Os beneficiarios son sobre todo adegas, pero tamén hai outras empresas vinícolas, organizacións de produtores e órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas, entre outras entidades. Nesta ocasión recibiron axuda todos os solicitantes, sen que quedara fóra ningún expediente, malia ser esta unha convocatoria en concorrencia competitiva a nivel nacional.

Tamén se poden beneficiar destas achegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas e os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados de terceiros países.

Beneficiario

Axuda concedida (€)

Adega Condes de Albarei, S.A.

11.436,75

Adega do Mollón, S.L.

15.061,50

Adega Terra de Asorei, S.L.

5.720,00

Adegas Castrobrey, S.L.

2.638,14

Adegas e Viñedos Vía Romana, S.L.

14.508,00

Adegas Valmiñor, S.L.

61.884,25

Asociación Wines From Galicia

12.492,03

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

14.807,00

Bodegas As Laxas, S.A.

1.309,00

Bodegas Campante, S.A.

20.243,60

Bodegas Eidosela, S.C.G.

15.045,00

Bodegas Marqués de Vizhoja, S.A.

20.017,50

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

124.280,55

Bodegas Señorío de Valei, S.L.

5.320,00

Bodegas Terras Gauda, S.A.

89.540,50

Bodegas Vionta, S.L.

52.000,00

Bouza do Rei, S.A.T.

5.631,25

C.R.D.O. Rías Baixas

214.955,31

C.R.D.O. Ribeiro

18.000,00

Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.

41.578,60

Finca Míllara Bodegas y Viñedos, S.L.

2.160,00

Lagar de Besada, S.L.

2.550,00

Ramón do Casar, S.L.

4.948,00

S.A.T. Godeval (nº 480 Xuga)

11.475,00

Sucesores de Benito Santos, S.L.

5.948,00

Terriña, S.L.

13.674,37

Viña Costeira, S.C.G.

48.171,62

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U

38.288,25

Virxe de Galir, S.L.

28.283,92

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información