Vegalsa-Eroski prevé un importante incremento das súas compras de hortalizas e froitas de orixe galego

Vegalsa-Eroski prevé un importante incremento das súas compras de hortalizas e froitas de orixe galego

Joaquín González, director xeral de Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski prevé incrementar de forma notable ao longo do 2017 a compra de verduras e froitas de orixe galega, debido ao crecente consumo deste tipo de produtos na Comunidade e á preferencia dos clientes polos produtos locais.

A compañía galega e con presenza en Galicia, Asturias e León, presentou hoxe os seus resultados de 2016, un ano récord no que superou os 1.018 millóns de euros en vendas, o que supón un 4,6% máis que o ano anterior.

Boa parte das súas adquisicións agroalimentarias, en concreto 318 millóns, corresponderon a 953 produtores locais, de Galicia, Asturias e Castela e León que supoñen o 38% das compras de Vegalsa, cun incremento do 3,5% con respecto ao ano anterior.

O consumo de froitas e hortalizas crece en Galicia o dobre que en España

Un dos subsectores nos que Vegalsa-Eroski prevé incrementar significativamente as súas compras é no de hortalizas, froitas e verduras de orixe galega.

“Segundo os datos do informe Nielsen correspondentes aos tres últimos meses, o consumo destes produtos está a medrar en Galicia un 9,6%, fronte ao 4,6% do resto de España, polo que ao longo deste ano imos incrementar na mesma medida as nosas compras a provedores de froitas e hortalizas de Galicia, xa que o consumidor demanda un produto fresco, de calidade e local”, explica Gabriela González, resonsable de comunicación de Vegalsa-Eroski.

Nesta liña, destaca que “en 2016 tivemos un incremento do 25% na compra de produtos de horta a cooperativas galegas, alcanzando os 1,4 millóns de quilos”. Estas compras realízanse no marco dun convenio anual con Agaca, que se prevé renovar no 8 de xuño en Silleda no marco da Semana Verde de Galicia.

258 establecementos en Galicia, Asturias e Castila e León

A compañía Vegalsa-Eroski pechou 2016 cunha rede de tendas de 258 establecementos propios e franquiciados distribuídos nas súas insignias: Hipermercados Eroski (4) Eroski/Center (97), Autoservizos Familia (79) Cash Record (19), Eroski/City (33) e Aliprox (25), e un Economato, incrementando a súa superficie comercial de sala de vendas en 18.208 m2, alcanzando así os 214.955 m2, entre Galicia, Asturias e Castela e León.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información