Variedades de millo baixas en lignina: vantaxes para vacún de leite

Resumo do relatorio de Javier López Álvarez, responsable de ruminantes para España e Portugal de KEMIN no II Xornada Fedna-ANEMBE de nutrición de vacún

Variedades de millo baixas en lignina: vantaxes para vacún de leite

BMR, á esquerda, cunha parede de lignina menor que o convencional da dereita. Foto: Jhon Anderson.

Unha das últimas novidades en millo para ensilado son as variedades baixas en lignina ou BMR polas súas siglas en inglés (Brown midrib). O seu cultivo en Estados Unidos está cada vez máis estendido grazas á mellora xenética que permitiu que estas variedades logren rendementos similares ou levemente inferiores que os millos convencionais de madurez similar pero cunha calidade forraxeira superior para os BMR.

Características:

-As variedades BMR (Brown midrib) débense a unha mutación xenética natural do millo. Foi descuberta en 1924, pero non foi utilizado comercialmente ata os anos 90. Unha característica visual que o diferencia é a co marrón nas follas e talos, que é especialmente visible en estadios xuvenís e que pode suavizarse camiño á madurez, mentres que os nervios vasculares escuros manteñen a súa presenza durante todo o ciclo da planta.

-O seu contido en lignina é entre un 30% e un 40% inferior ás variedades convencionais.

-A súa dixestibilidade como forraxe é maior. Así, a dixestibilidade da FND é entre un 10% e un 14% superior ás 30 horas.

-A taxa de dixestibilidade (Kd) é entre un 25% e un 35% maior que nas variedades de millo convencionais.

Cales son as súas limitacións?

Maíz BMR, con las nervaduras de color marrón.

Millo BMR, coas nervaduras de cor marrón.

-O seu rendemento é menor que as variedades convencionais: entre un 5% e un 10% menos.

-Presenta menor resistencia ao estrés (seca), algo clave en sistemas de cultivo en secaño, como é Galicia ou a Cornixa Cantábrica.

-Necesita terreos fértiles e maior fertilización.

-Presenta máis problemas de sanidade foliar.

-Presenta problemas de caída por efecto do vento, xa que os talos teñen menos lignina.

-Ten un menor contido en amidón.

-Menor estabilidade aeróbica do ensilado, debido a niveis altos de sacarosa no talo.

Que hai que ter en conta á hora de formular con millos BMR?

-A relación forraxe concentrada é dun mínimo de 55/45.

-A fibra neutro deterxente (FND): 32% – 35%.

– Vixiar a incidencia de acidose.

-Posibilidade de utilizar máis forraxe nas dietas.

-É necesario utilizar analíticas con datos de dixestibilidade, lignina e Kd

-Unha maior dixestibilidade deste tipo de variedades permite unha maior inxesta da vaca e maior produción de proteína microbiana.

Diferenzas BMR e convencional:

KEMIN_BMR_1

Efecto de BMR en dietas de vacún leiteiro:

KEMIN_BMR_2

Resultados de 17 ensaios publicados no Journal Dairy Science (JDS)

Conclusións sobre as variedades de millo baixas en lignina:

-As variedades BMR presentan vantaxes zootécnicas, sobre todo en vacas
en transición e lactación temperá.

-Presentan limitacións agronómicas.

-Produciuse unha evolución cualitativa nos últimos anos, co que é previsible a súa chegada a España proximamente. De feito, son variedades comerciais que xa están no mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información