UPA pide a redución urxente dos módulos para os agricultores e gandeiros

UPA pide a redución urxente dos módulos para os agricultores e gandeiros

A organización agraria UPA requiriu ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a publicación urxente da orde de redución de módulos para actividades agrícolas e gandeiras afectadas por circunstancias excepcionais tales como a gandería de bovino de leite, para a que se rebaixa os índices de rendemento neto de 0,32 a 0,20,. A organización agraria lembra que xa estamos en plena campaña de renda.

O pasado 18 de novembro publicouse no BOE a orde de módulos para 2016, que desenvolve para este exercicio o método de estimación obxectiva do IRPF, réxime ao que se acollen unha gran maioría dos produtores. Como principais novidades destacan as novas magnitudes excluíntes por volume de rendementos íntegros e compras de bens e servizos, que para as actividades agrícolas e gandeiras fíxase en 250.000 euros en ambos os casos. En caso de superar este limiar, o agricultor non poderá permanecer en estimación obxectiva e deberá tributar en estimación directa no período impositivo 2016 (declaración que se presentará en maio de 2017).

Piden que se restableza a disposición adicional sobre medidas excepcionais no IRPF

Respecto dos índices de rendemento neto das actividades agrícolas e gandeiras, a orde rebaixa, con carácter estrutural, os aplicables ao cultivo de pataca (de 0,37 a 0,26) e á gandería de bovino de leite (de 0,32 a 0,20), reducións xa aplicables aos agricultores e gandeiros destes sectores en 2015.

UPA tamén pediu que se restableza a disposición adicional sobre medidas excepcionais no IRPF para paliar o efecto producido pola subida do prezo dos custos de produción.

Na orde publicada en novembro mantéñense as rebaixas que xa viñan aplicándose aos módulos das producións de tabaco, uva de mesa e flor cortada e planta ornamental. Así mesmo, mantense a redución do 5% sobre o rendemento neto de módulos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información