Unións denuncia “importacións indiscriminadas” de leite francés

Unións denuncia “importacións indiscriminadas” de leite francés

Leche de la marca blanca de DIA de origen y envasada en Francia

O sindicato Unións Agrarias denuncia o que cualifica de “nova vaga de importacións de leite líquida de Francia por parte dalgunhas das grandes cadeas de distribución que operan en España”.

“Unha situación -advirte- que supón un salto cualitativo posto que ate o de agora a entrada de produtos lácteos quedaba circunscrita fundamentalmente a queixos e derivados industriais”.

Neste contexto, a organización agraria lembra que “de ter desenvolto Ministerio de Agricultura o Real Decreto de etiquetado obrigatorio de produtos lácteos o consumidor podería ter a opción de escoller na súa compra con base a una información completa”.

Ademais, dende Unións destacan que “no caso do leite líquido os tempos de envasado son os que marcan a diferenza de calidade entre as marcas. En Galicia as plantas que procesan leite galego apenas tardan 24 horas desde que se muxe ata que se mete no brick, unha ratio imposible de cumprir coas cisternas que se importan desde Polonia”.

O 97% dos galegos considera que debería ser obrigatorio indicar na etiqueta a orixe do leite

A este respecto, a organización agraria lembra que segundo os resultados dun estudo no que colaborou coa Unión de Consumidores de Galicia “o 97% galegos preguntados ó respecto considera que indicar a orixe do leite na etiqueta debería ser obrigatorio”.

Por todo iso o sindicato non entende que “o Ministerio teña que demorar mais a posta en marcha do decreto de identificación de orixe do leite cando noutros países como Francia, Portugal, Italia ou o Reino Unido xa está vixente sendo países excedentarios”.

“Sen ese instrumento -denuncian dende Unións- as explotacións lácteas de Galicia seguen presas das prácticas inmorais dos primeiros compradores e industrias para os prezos a pesar das promesas, polo de agora incumpridas, da conselleira de Medio Rural de sacar un decreto en Galicia de regulación e control para estes tratantes de leite se o Ministerio non daba o paso”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información