Unións Agrarias tenta crear unha organización de produtores de coello

Unións Agrarias tenta crear unha organización de produtores de coello

Protesta dos produtores de coello o pasado novembro

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) está a tentar crear unha organización de produtores de coello en Galicia para que o sector poida negociar os prezos de venda en mellores condicións, máxime tras acumular máis dun ano de venda a perdas e cuns prezos que neste momento sitúanse en 1,50 euros o quilo, por baixo dos custos de produción.

Neste sentido, a pasada semana celebráronse reunións en distintos puntos da xeografía galega (Carballo, Xinzo, Lugo e Lalín) nas que participaron uns 70 produtores, unha cifra significativa se se teñen en conta que en Galicia quedan ao redor de 300 explotacións de coello.

Fontes de Unións Agrarias destacan que “a acollida está a ser bastante interesante” e lembran que “sendo moi difícil a situación actual do mercado, se os produtores non se organizan é moito peor”. A organización podería realizar xestión do mercado e comercializar conxuntamente as súas producións para mellorar os prezos que perciben os gandeiros.

Desde UUAA márcanse como obxectivo crear esta organización de produtores ao longo do presente ano. En todo caso, para poder empezar a actuar o Ministerio tería que publicar antes o decreto que regula as organizacións de produtores no sector cunícola, o que non se prevé a curto prazo ao atoparse en funcións.

As organizacións de produtores poderán acceder ás axudas do novo PDR

A constitución dunha organización de produtores foi abordada o pasado mércores na reunión que representantes do sector tiveron coa directora xeral de Gandería, Belén do Campo, en Santiago. Desde a Consellería que a organizacións de produtores poden acceder ás axudas previstas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información