Unhas xornadas abordarán en Lugo a mellora xenética en produción animal

Publicidade
Unhas xornadas abordarán en Lugo a mellora xenética en produción animal
Data inicio: 16/01/2018
Data fin: 23/01/2018
Lugar: Facultade de Veterinaria, Lugo, España

Os próximos días 16 e 23 de xaneiro de 2018 vanse celebrar na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, Campus Terra-Lugo as xornadas “Xenómica para a mellora das producción e a xestión da biodiversidade”.

Estas xornadas van reunir a relatores de ampla traxectoria científica en institucións como a Universidade de Zaragoza, a Autónoma de Barcelona, Universidade Politécnica de Madrid, o Instituto de Ciencias del Mar, o Centro de Investigaciones Forestales, o Roslin Institute, Edimburgo, así como as universidade de Vigo e de Santiago de Compostela, tal e como se pode ver no programa.

xornada_xenomica_lugo

As xornadas teñen por obxecto discutir a contribución da xenética e da xenómica á mellora das producións do sector primario, centrándose as mesmas na produción animal e a produción forestal, así como no papel que pode xogar na conservación e na xestión da biodiversidade. Durante os dous días nos que se desenvolverán as xornadas trataranse temas como o programa de selección xenética da raza rubia galega; a selección xenómica en bovino de leite, ovino e porcino, a mellora xenética en acuicultura, no referente ás producións animais, e temas como a conservación dos recursos xenéticos forestais ou a recuperación do lince ibérico, no referente á produción forestal ou a conservación da biodiversidade.

As persoas interesadas poden informarse, e inscribirse, no correo electrónico monicaafrica.otero@usc.es 

O custe da inscrición, que dará dereito a un diploma de asistencia, ten un custe de 40 euros para os dous días e de 25 para un só día. O prazo máximo para inscribirse é o 13 de xaneiro.

Mais información do programa das xornadas e da presentación dos relatores neste link.

As xornadas están organizadas polo grupo de investigación ACUIGEN “Genética para la acuicultura y la conservación de recursos biológicos” da Facultade de Veterinaria da USC co apoio do Campus Terra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *