Unhas 21.000 persoas están convocadas o 9 de xullo ás eleccións aos consellos reguladores

Unhas 21.000 persoas están convocadas o 9 de xullo ás eleccións aos consellos reguladores

Votación ao Consello Regulador da DO. Rías Baixas. Foto: Gonzalo Salgado/ Diario de Arousa

Uns 20.000 gandeiros e agricultores e 800 titulares de instalacións industriais están chamados en Galicia a votar para elixir o día 9 de xullo aos novos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe.

A Consellería do Medio Rural presentou este xoves un informe ao Consello da Xunta no que se explica o proceso electoral no que están inmersos os 21 consellos reguladores dos produtos de calidade galegos, cuxos órganos de dirección se teñen que renovar por lei cada catro anos. A convocatoria electoral foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado día 5 de abril e a xunta electoral, con sede na Consellería do Medio Rural, constituíuse o venres 28 de abril.

A presentación de candidaturas será do 22 de maio ao 26 de xuño

A xornada electoral desenvolverase o 9 de xullo entre as 10,00 e as 17,00 horas. Ese domingo elixiranse os 180 vogais destes 21 consellos reguladores e son os que escollerán pola súa vez as persoas que ocuparán as presidencias e as vicepresidencias en plenos constituíntes que se celebrarán entre o 17 e o 28 de xullo.

En concreto, o cronograma das eleccións prevé a exposición dos censos provisionais e a presentación de reclamacións do 3 ao 12 de maio, para que os censos definitivos se poidan dar a coñecer a partir do 2 de xuño. Respecto á presentación de candidaturas establécense un prazo do 22 de maio ao 26 de xuño.

Na IXP Ternera Gallega non se celebran eleccións porque está prevista a súa reformulación

Nesta convocatoria están incluídos todos os consellos, salvo catro excepcións: o da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) do Pemento de Oímbra e a do de Mougán porque son os de máis recente creación e aínda non teñen un número de inscritos suficiente.

Tampouco o Consello Regulador da IXP Lacón Gallego, que aínda debe adaptar a súa regulación á actual lexislación autonómica sobre a materia e o da IXP Ternera Gallega, porque está previsto a súa reformulación nun novo que tamén xestione a futura IXP Vaca e Boi de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información