Unha xornada analizará como elaborar viños de garda en madeira

A xornada "Os viños de garda. A utilización de diferentes madeiras para a súa crianza", está organizada pola EVEGA e celebrarase o 29 de abril en Ribadavia.

Publicidade
Unha xornada analizará como elaborar viños de garda en madeira

A Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia (EVEGA) organiza para o vindeiro 29 de abril unha xornada sobre “Os viños de garda. A utilización de diferentes madeiras para a súa crianza”. O obxectivo é que os participantes adquiran os coñecementos para a elaboración de viños con estadías en madeira, unha posibilidade de darlle un valor engadido aos viños elaborados nas cinco denominacións de orixe de Galicia.

Programa da Xornada:

08:30-09:00 Entrega de documentación.

09:00-09:45 As castes galegas: a súa potencialidade para a elaboración de viños de garda. Emilia Díaz, tecnóloga da EVEGA e doutora en Bioloxía.

09:45-10:00 Diferentes especies de carballo que cómpre utilizar e outras madeiras na crianza do viño. Juana Martínez García, investigadora do Centro de Investigación e Desenvolvemento Agrario de La Rioja. Doutora en Ciencias Químicas.

10:30-11:00 Pausa-café.

11:00-11:45 Alternativas ao uso da barrica. Diferenzas entres os viños de barrica e os elaborados con chips. Ernesto Sánchez Aladren, investigador do Centro de Transferencia Agroalimentaria de Aragón. Doutor en Ciencias Químicas.

11:45-12:30 A experiencia con carballo galego: viño tinto da variedade Mencía de garda en carballo galego. Pablo Vila Lameiro, Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela.

12:30-13:15 A elaboración de viños con distintos tipos de carballo: a experiencia da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Alfonso Losada Quiroga, xefe de sección de Enoloxía da EVEGA, e Ignacio Orriols Fernández, doutor en Ciencias Químicas.

13:15-14:00 Mesa redonda con todos os relatores. Modera: Alfonso Losada Quiroga. Clausura.

Inscrición

A inscrición deberá realizarse a través da web da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Unha vez cumprimentada deberá remitirse á EVEGA: evega.medio-rural@xunta.es ou por Fax ao 988 488 191.

Descarga a ficha de inscripción.

Descarga o programa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información