Unha granxa de porcino galega recibe o premio Porc D´Or do Ministerio á mellor de España

Unha granxa de porcino galega recibe o premio Porc D´Or do Ministerio á mellor de España

Granxa de Nudesa

Máis de 1000 profesionais do sector porcino reuníronse este venres pola noite no Palacio de Congresos de Huesca na celebración da XXVI edición dos prestixiosos premios Porc d´Or á excelencia na produción porcina, na que o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA), organizador dos premios, fixo entrega de 48 galardóns Porc d´Or a un total de 44 granxas de porcino pertencentes a 16 provincias e sete comunidades autónomas, como recoñecemento á súa profesionalidade, esforzo e extraordinario labor.

Huesca, Pontevedra e Burgos conseguen os premios especiais

O que é considerado como o máximo galardón, o premio especial Porc d´Or con Diamante, que recoñece a eficiencia produtiva en xeral, quedouse na provincia anfitrioa, concretamente na granxa Laguarrés – Agropecuaria do Isábena, da empresa Mazana Piensos Compuestos, situada na localidade de mesmo nome.

Por outra banda, o premio especial Porc d´Or do MAPA, entregado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que valora especialmente os parámetros relacionados coa “Sanidade, Benestar Animal e Medioambiente”, foi parar a Pontevedra a Granxa Cruces, da empresa Nudesa, en Vila de Cruces.

Burgos foi recoñecida pola súa innovación mediante o premio especial Porc d´Or Zoetis á Innovación que se levou Granja Romaniega, de Agrocesa – Vall Companys Grup, localizada en Caleruega.

Uns premios moi repartidos

En canto ás 45 figuras restantes, entregadas en función dos criterios de Taxa de Partos, Lonxevidade e Produtividade Numérica, repartíronse da seguinte forma. Aragón e Cataluña comparten a primeira posición -como xa ocorreu o pasado ano- con 15 premios (seis ouros, cinco pratas, catro bronces), cada unha delas. No caso de Aragón, ademais de alzarse co Porc d´Or con Diamante, recibiu trece figuras (catro ouros, cinco pratas e catro bronces) para trece granxas oscenses; e dous ouros para dúas granxas de Zaragoza. Cataluña pola súa banda obtivo nove figuras (tres ouros, catro pratas e dous bronces) para oito granxas de Barcelona; catro (tres ouros e unha prata) para tres granxas de Xirona; e un bronce para granxas de Lérida e Tarragona.

Navarra foi a seguinte comunidade máis premiada cun total de seis Porc d´Or (dúas pratas e catro bronces). A continuación, Galicia, que ademais de recibir o premio especial do Ministerio, conseguiu tres galardoes máis: dous bronces para dúas granxas de Ourense e unha prata para A Coruña (medalla de prata para Nudesa Expocutrin en San Fins de Sales, e dous bronces para as granxas de Coren Casadovento de Parada de Sil e a de Benito Rodríguez Vázquez en Bresmaus).

Séguelle Castela e León: ao premio especial á innovación que obtivo Burgos, hai que sumar unha figura de ouro para unha granxa de Zamora e unha figura de bronce que foi parar a Segovia. Por último, pechan a clasificación Castela A Mancha con dous ouros (Albacete e Toledo); e A Rioxa con dúas pratas.

Granxas premiadas: 

PREMIOS POR DOR 19 1

PREMIOS POR DOR 19 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información