Unha gandaría galega celebra o 8M co símbolo da muller máis grande do mundo

Unha gandaría galega celebra o 8M co símbolo da muller máis grande do mundo

Nunha granxa ecolóxica coruñesa, Casa Grande de Xanceda, quixeron reivindicar a muller dedicando unha das súas pradarías ecolóxicas para debuxar segando o símbolo da muller máis grande do mundo feito en herba. Mide uns 75 metros de longo e 35 m de ancho e está situado en Xanceda, A Coruña. O símbolo xa viaxa en formato vídeo polas redes sociais desde hoxe e aspira a ser moi compartido e visto.

Fronte ás manifestacións multitudinarias nas cidades con motivo do 8m, os responsables desta granxa quixeron sumarse coa versión rural: “No rural é moi difícil encher rúas e prazas así que esta pareceunos unha forma moi visual e rechamante de facer esta reivindicación da muller, pero desde o rural”, aseguran.

A igualdade no rural: dobremente difícil de alcanzar

Con motivo do 8m, día internacional da muller, esta granxa galega non só quere reivindicar ás mulleres senón tamén lembrar que “no rural a igualdade é aínda máis difícil alcanzala. Sobre todo, pola falta de servizos como gardarías ou centros de día para maiores nas áreas rurais, este déficit de servizos é cuberto moitas veces polas mulleres, sacrificando o seu tempo persoal, a súa independencia ou o seu desenvolvemento profesional”. Por isom piden máis servizos para o rural como medida de igualdade, pero tamén, como fórmula de apoio a un rural cada vez máis despoboado.

Unha granxa onde a maioría son mulleres

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica de vacas e co seu leite elaboran iogures ecolóxicos e empregan a 45 persoas, das que o 60% son mulleres. E non é a primeira vez que reivindican á muller, o pasado 15 de outubro converteron un dos seus establos nun mural reivindicativo coa axuda dunha grafiteira local.

Una idea sobre “Unha gandaría galega celebra o 8M co símbolo da muller máis grande do mundo

  1. Xico Sieiro

    Cando o fagan en galego merecerá a miña atención e o meu predicamento. Levo 60 anos no rural GALEGO.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información