Un touro galego logra situarse como primeiro no catálogo internacional de sementais

Un touro galego logra situarse como primeiro no catálogo internacional de sementais

Pentagon K&L Pokemon Clun. Foto: Mauricio de los Santos

Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de marzo e abril.

Neste sentido, no Catálogo Internacional de Sementais destaca que un touro galego, da empresa pública Xenética Fontao, sitúase como líder no listado dos 200 mellores touros xenómicos. Trátase de Pentagon K&L Pokemon Clun, que logra nada menos que 4.915 puntos ICO.

Séguelle a pouca distancia outro touro de Xenética Fontao, K&l JS Donsimon, con 4.900 puntos ICO, mentres que a terceira posición corresponde a un touro holandés, DG Neutron ET, CON 4.880 puntos.

Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%:

CONAFE_18_1_1

E nas probas MACE de touros probados o listado está liderado por animais de Estados Unidos:

CONAFE_18_1_2

En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por dous touros americanos, Chartroise Smurf e De Su Gillespy ET, con 4232 e 3948 puntos, respectivamente. A terceira posición corresponde a un touro de propiedade galega, VVH Armónico, con 3.883 puntos, pertencente a Xenética Fontao, ao igual que o cuarto mellor clasificado, RI Opsal Nissan ET, con 3.880 puntos.

CONAFE_18_1_3

CONAFE_18_1_4

Listado dos 100 mellores touros xenómicos españois

En canto ao listado dos 100 mellores touros xenómicos de propiedade española o listado está claramente liderado por Xenética Fontao, con Clun como líder indiscutible, con 4.915 puntos.

CONAFE_18_1_5

-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros xenómicos españois. Proba de Conafe do mes marzo.
-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros probados españois. Proba de Conafe do mes marzo.
-Descarga aquí o católogo dos 200 mellores touros probados. Proba de Conafe do mes marzo.

-Catálogo Internacional de Sementais Abril 2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información