Un touro galego e outro asturiano sitúanse como os mellores de España de raza Frisona

Un touro galego e outro asturiano sitúanse como os mellores de España de raza Frisona

Peto AS Melvin ET

Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de xuño.

Neste sentido, no Catálogo de Touros Xenómicos, que xa copan a maior parte da demanda de seme, o liderado indiscutible volve ser para un touro galego, Pentagon K&L Pokemon Clun, da empresa pública Xenética Fontao. Ao igual que nas probas de marzo, sitúase no primeiro posto con nada menos que 4.939 puntos ICO, 24 puntos máis que na anterior proba.

Séguelle a pouca distancia outro touro que recentemente importou Xenética Fontao, Vekis Risk, con 4.862 puntos ICO, mentres que a terceira posición corresponde a un touro tamén da empresa pública galega, K&L JS DONSIMON, con 4.855 puntos.

Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%:

CONAFE_XUNHO_19_XENOMICOS

En canto ao listado de 100 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un touro de ASCOL, Peto AS Melvin ET, con 4176 puntos. A segunda posición corresponde a un xa coñecido entre os primeiros postos, VVH Armónico,de Xenética Fontao, con 3.996 puntos. E a terceira praza corresponde a un touro de Aberekin, RI Opsal Nissan ET, con 3.957 puntos.

Velaquí o listado dos 20 primeiros touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%:

CONAFE_XUNHO_19_PROBADOS

En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un touro español, Peto AS Melvin ET, seguido de dous touros americanos, Chartroise Smurf e De Su Gillespy ET, con 4139 e 4051 puntos, respectivamente.

CONAFE_XUNHO_19_200

-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros xenómicos españois. Proba de Conafe do mes xuño.
-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros probados españois. Proba de Conafe do mes xuño.
-Descarga aquí o católogo dos 200 mellores touros probados. Proba de Conafe do mes xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información