Un informe da UE abre as portas a manter o uso do glifosato en Europa

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) conclúe que o herbicida total, o máis usado no agro español, é “pouco probable” que sexa canceríxeno, como asegurara a Organización Mundial da Saúde

Publicidade
Un informe da UE abre as portas a manter o uso do glifosato en Europa

O glifosato é un dos herbicidas máis utilizados na agricultura en España.

O herbicida total, o glifosato, o máis empregado no agro español, está autorizado na UE ata finais do 2015. A renovación do seu uso púxose costa arriba esta primavera, cando a Organización Internacional de Investigación contra o Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde (OMS), clasificouno como “probablemente canceríxeno para humanos”, na categoría 2A, a mesma á que foi parar recentemente a carne vermella. Sen embargo, un informe da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) conclúe agora outra cousa distinta.

A EFSA, nunha resolución feita pública onte, dictaminou que o glifosato é “pouco probable” que sexa perxudicial para o ADN ou unha ameaza carcinoxénica en seres humanos. En calquera caso, a Autoridade de Seguridade Alimentaria anunciou novas medidas de seguridade, como o establecemento dun máximo tolerable de inxesta diaria de residuos de glifosato, que fixou en 0,5 miligramos por quilo de peso corporal. A determinación desta dose será utilizada nun futuro para fixar os Límites Máximos de Residuos (LMR) de glifosato que pode haber nos alimentos.

A conclusión da axencia será usada pola Comisión Europea para decidir se debe manter ou non o glifosato na lista de sustancias activas autorizadas na UE, así como polos Estados membros de cara a evaluar a seguridade dos plaguicidas que conteñen o herbicida total. En xuño pasado, tras coñecerse o dictame da OMS sobre o glifosato, Francia anunciara a súa intención de restrinxir a súa venda para uso en zonas verdes, como parques e xardíns.

Diferentes criterios
A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria decidiu que non propón que o glifosato se clasifique e se etiquete como canceríxeno baixo o regulamento da UE. “Todos os expertos dos Estados membro estiveron de acordo en que nin os datos epidemiolóxicos –é dicir, en seres humanos-, nin a evidencia dos estudos en animais- demostraron a causalidade entre a exposición ó glifosato e o desenvolvemento de cancro”, defende a EFSA.

Para chegar a esta conclusión, a axencia sinala que tivo en conta un elevado número de estudos que non examinou a IARC, dependente da Organización Mundial da Saúde, o que explica, segundo a EFSA, porque se chegou a conclusións diferentes sobre o herbicida total. A OMS considérao probablemente canceríxeno, a EFSA non.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información