A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga abre en Santa Comba a súa primeira oficina comarcal

A correduría de seguros galega, consolidada no agro tras cinco anos de funcionamento, busca así ofrecerlle un servizo de maior proximidade ós produtores

Ucoga abre en Santa Comba a súa primeira oficina comarcal

Oficina de Ucoga en Santa Comba.

Ucoga, a correduría de seguros galega especializada no sector agrario, abriu hoxe a súa primeira oficina comarcal en Santa Comba. Con esta apertura, a firma busca ofrecer un servizo de maior proximidade para os produtores das comarcas de Xallas – Barcala, un área que concentra un volume importante de clientela de Ucoga, xa consolidada no agro tras cinco anos de funcionamento.

A correduría galega, con oficinas centrais no polígono do Tambre, en Santiago, viña prestándolle servizo ás explotacións ben a través das cooperativas gandeiras, ben polo persoal propio de Ucoga que se desprazaba ás explotacións ou telefonicamente. Desde hoxe, a firma conta tamén cunha oficina, que busca “convertirse nun punto de referencia para as explotacións de concellos como Santa Comba, Mazaricos ou Negreira”, segundo explica o director xeral de Ucoga, Iván Novo.

Ucoga santa comba interior

Novo destaca que a oficina trata de facilitar as xestións e consultas das explotacións agrarias da comarca. “Penso que Ucoga xa viña prestando un servizo de calidade e a oficina permitiranos estar máis preto dos clientes e trasladarlles maior confianza no noso traballo” -valora o director xeral de Ucoga.- “Á fronte da oficina estará unha persoa procedente da central de Ucoga que ten sobrada experiencia”, destaca.

A oficina de Ucoga en Santa Comba ubícase na rúa Alfonso Molina 53, nas inmediacións do campo da Feira, e funcionará de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Tamén abrirá os sábados de feira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *