Turquía interésase pola raza Rubia Galega

Unha expedición deste país interésase pola Raza Rubia Galega para o seu posible cruzamento industrial coa raza Holstein. Representantes das empresas turcas chegaron a Acruga da man de Xenética Fontao, onde tamén negociaron a adquisición de seme de Frisón.

Turquía interésase pola raza Rubia Galega

Exemplar de Rubia Galega

A raza Rubia Galega está moito máis preto de introducirse no mercado de Turquía, despois de que unha expedición de industriais e veterinarios do devandito país mantivese esta semana reunións co presidente de Acruga, César Dorado, e veterinarios da Asociación, mostrando o seu interese por adquirir dose de seme para o seu cruzamento industrial con Holstein.

Segundo explicaron dende a Asociación de Criadores de Rubia Galega, o primeiro obxectivo da expedición turca era o de valorar a importación de seme de Frisón, para o que tamén mantiveron encontros cos responsables de Xenética Fontao. Foi alí, ante as preguntas dos turcos polas razas cárnicas, onde lles remitiron a Acruga. “Agora, os obxectivos da expedición turca aumentaron, xa que o seu interese en importar seme de Rubia para o seu cruzamento industrial con Holstein era notable”, aseguran dende Acruga.

Visita a explotacións de Rubia Galega

Os membros desta comitiva asistiron a unha charla técnica nas oficinas de ACRUGA, sobre as características da Rubia Galega, a cargo da veterinaria da asociación, María Traba, cuxa intervención estivo orientada cara aos datos obtido do cruzamento industrial raza Rubia tanto con Holstein como con outras razas como aNelore. Tras a charla técnica houbo unha degustación de Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Galega para pola tarde visitar a Nave de Testaxe que ACRUGA ten no Corgo, así como dúas explotacións de gandeiros de Acruga, para poder contemplar exemplares de Raza Rubia Galega in situ.

Acruga tamén está a intentar exportar Rubia Galega a Indonesia

Coa introdución da Rubia Galega en Turquía, Acruga incrementaría a súa presenza en Europa, onde ata a data a exportación de seme de Rubia Galega se centraba en Polonia e Portugal. Ademais,Acruga iniciou recentemente negociacións con Indonesia e segue mantendo unha importante e crecente presenza en América do Sur, principalmente en Brasil, Venezuela e México, ademais de nalgún estado de EUA como Texas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información