Tratamento e prevención da Diarrea Epidémica Porcina

Informe do MAGRAMA sobre medidas de prevención contra esta enfermidade. O presidente dos veterinarios de porcino de Galicia destaca que "a enfermidade está a remitir e non é de declaración obrigatoria xa que non representa ningún tipo de problema para a saúde alimentaria".

Tratamento e prevención da Diarrea Epidémica Porcina

Os bacoriños son os máis afectados pola DEP.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) ten publicado un informe sobre a Diarrea Epidémica Porcina (DEP), unha enfermidade coñecida dende as década dos 80 que neste momento tamén está a afectar a Europa, onde chegou dende Estados Unidos.

Dende o MAGRAMA recordan que a DEP non é unha enfermidade de declaración obrigatoria segundo a Organización Internacional de Sanidade Animal (OIE), non é unha enfermidade zoonótica, polo que non afecta ás persoas e non supón unha ameaza para a seguridade alimentaria, sendo un problema estritamente de sanidade animal.

Segundo o presidente da Asociación Galega de Veterinarios de Porcino (AGAVEPOR), Abelardo López, “neste momento a incidencia da Diarrea Epidémica menor que hai dous ou tres meses, tanto en número de casos coma na sintomatoloxía”.

A principal afectación é de tipo económico para os gandeiros, cunha mortaldade estimada de entre medio ata tres leitóns por seda e ano.

Prevención e manexo do virus en explotación

Bioseguridade.
A bioseguridade na explotación constitúe un factor fundamental para previr a entrada da enfermidade ou como ferramenta de control unha vez a explotación ten sido infectada. Entre as medidas a controlar débese considerar como punto estratéxico a limpeza e secado dos
vehículos de transporte despois de cada transporte de animais. Debido a que DEP transmítese a través da materia fecal de animais infectados en fase de excreción, calquera materia orgánica que quede no vehículo ten potencial para propagar o virus tendo en conta o longo período de supervivencia do virus nestas condicións.

Vacinación.
As vacinas contra a GT non son eficaces contra esta enfermidade. Non existe unha vacina autorizada para o DEP en Estados Unidos. Hai vacinas que están dispoñibles actualmente en Corea do Sur, Xapón e China, pero polas variacións do virus xa non resultan totalmente eficaces.

Canadá formúlase utilizar unha vacina de emerxencia chamada IPED+, baseada nunha plataforma de alfavirus e unha proteína codificada por un xene inserido, o que axuda na xeneración de anticorpos sen ter o risco da replicación do virus.

Actualmente tamén se está a traballar no desenvolvemento dunha vacina eficaz para as novas cepas americanas a nivel da UE.

Inmunidade natural.
O manexo de calquera cepa do DEP cando se introduce nunha explotación pode basearse na rápida e completa exposición de toda a poboación á enfermidade mediante material infectivo (inmunidade retroacción), para deste xeito conseguir que as femias desenvolvan inmunidade e a transfiran aos seus leitóns. Non obstante, malia que esta práctica ten demostrado durante moito tempo ser eficaz nos brotes previos, só se conseguiu unha inmunidade transitoria nos novos brotes.

Este patrón pode ser explicado parcialmente pola presenza simultánea de cepas patóxenas de PRRS, que reducen a inmunidade dos animais.

Unha vez diagnosticado o virus como responsable do cadro clínico aparecido nunha granxa é preciso proceder á súa eliminación. Para iso adminístrase material infeccioso a toda a poboación no menor tempo posible para estimular o sistema inmune e así buscar a xeración de anticorpos que serán conferidos aos leitóns a través do calostro.

O material de elección para este propósito é a materia fecal e intestinos provenientes de individuos agudamente afectados, é dicir, nas primeiras horas de ter iniciado o cadro clínico (diarrea e/ou vómito). Os leitóns neonatos (1-3 días de idade) con sintomatoloxía aparente de
DEP serán a mellor fonte, xa que o seu intestino delgado esta poboado na súa maioría por enterocitos inmaturos dando así amplas oportunidades para que o virus se reproduza e se manteña vivo por certo período de tempo.

Fronte á diarrea epidémica hai que controlar a bioseguridade e rehidratar aos leitóns

Durante o proceso de exposición da poboación ao material infeccioso deberase levar un rexistro dos animais que van presentando signos relacionados con DEP (diarrea e vómito) ao igual que un rexistro de animais que non presenten os devanditos signos pero si exhiban outro tipo de comportamento como anorexia. Aqueles animais que non presenten signos característicos de DEP deberán recibir unha nova dose de material infeccioso.

De inmediato débese comezar cun programa de limpeza e desinfección das salas de maternidade para que se comece a recibir leitóns novamente o desafío sexa o menor posible. Así mesmo, todas as salas de maternidade deberán funcionar estritamente como todo dentro / todo fóra.

Unha vez que se comece a destetar leitóns novamente e os signos clínicos cesen, realízase unha monitorización a través de hisopos rectais para PCR nos leitóns a ser destetados. Unha vez que se obteñan resultados negativos de xeito consistente pódese considerar o ingreso de femias de substitución. Tamén é posible utilizar animais sentinelas para determinar que o virus foi eliminado.

Descarga o documento completo neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información