Tráfico inicia unha campaña orientada ós veículos agrícolas

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que os axentes distribuirán folletos con consellos sobre colocación da carga, sinalización e dispositivos de seguridade persoal, coincidindo co inicio da vendima

Tráfico inicia unha campaña orientada ós veículos agrícolas

A Delegación do Goberno en Galicia advirte en nota de prensa da necesidade de que os conductores de veículos agrícolas sigan as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico para garantir que os desprazamentos e traslado de productos ou materiais se realicen sen incidentes.

Con motivo das tarefas de vendima propias desta época do ano e co fin de previr accidentes, desde a Dirección Xeral de Tráfico en Galicia alértase aos usuarios de tractores e maquinaria agrícola dos riscos asociados ao seu manexo e condución. Lémbraselles a obrigación de uso dos sistemas de seguridade, o adecuado mantemento destes vehículos e a obrigación de circular coas autorizacións necesarias (permiso ou licenza de condución, ITV en vigor, seguro obrigatorio).

Con este fin preventivo, axentes da Garda Civil de Tráfico e de Seguridade Cidadá entregarán na estrada material impreso elaborado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no que se recolle información sobre as medidas de prevención fronte as envocarduras (accidente máis común tanto en estradas como nas leiras nas que se traballa) e outros consellos de seguridade viaria, entre outros.

Dende a Dirección Xeral de Tráfico lémbrase que é imprescindible cumprir as medidas de seguridade estipuladas para evitar accidentes ou minimizar os danos persoais e materiais cando estes se produzan.

– Usar os sistemas de seguridade que leve instalado o tractor: cinto de seguridade, estrutura homologada antienvorcadura.

– Extremar a precaución e a prudencia en camiños irregulares e en zonas de desnivel.

– Levar as luces do veículo acendidas en caso de meteoroloxía adversa, xa que tamén deben facerse visibles aos demais usuarios da vía.

– Instalar o sinal V-2, dispositivo luminoso, de cor amarela, que debe ser visible en todas as direccións, desde unha distancia de 100 metros. Indica a posición na vía e instalarase por encima das luces máis altas indicadoras de dirección.

– Estibar a carga correctamente:

– A carga non pode arrastrar, caer total ou parcialmente, ou desprazarse de maneira perigosa.

– Debe estar ben suxeita para evitar a súa caída ou desprazamento.

– Debe estar ben colocada e distribuída de forma que non desprace o centro de gravidade do vehículo nin debe producir ruído, po ou molestias que poidan ser evitadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información