Todos os prazos da PAC 2020: presentación, cesións, Sigpac ou admisibilidade

Todos os prazos da PAC 2020: presentación, cesións, Sigpac ou admisibilidade

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este luns unha nota técnica aclarando os prazos e datas relacionados coa Solicitude Única das axudas da PAC 2020, uns prazos que se viron alterados pola crise do coronavirus Covid19.

Recóllense a continuación os prazos e datas que se viron modificados por esta situación excepcional:

1) Datas que afectan os procedementos administrativos gandeiro/agricultor-administración:

A) Procedemento de presentación da solicitude única e modificación da mesma:

– Data límite para a presentación da Solicitude Única, e no seu caso a solicitude de acceso á reserva nacional de dereitos de pago básico: 15 de xuño.

– Data límite para a presentación das modificacións á Solicitude Única: 30 de xuño.

– Como consecuencia do atraso da data límite para a presentación das modificacións á Solicitude Única até o 30 de xuño citada anteriormente, a data límite para presentar as renuncias ao réxime de pequenos agricultores tamén se atrasa até o 30 de xuño.

– Data final para a presentación da Solicitude Única con penalización do 1% por cada día hábil de atraso e data final da solicitude de acceso á reserva nacional de dereitos de pago básico con penalización do 3% por cada día hábil de atraso: 10 de xullo.

– Data final para a notificación de controis preliminares: 13 de xullo (15 xuño máis 26 días naturais sería 11 de xullo, pero ao ser sábado día inhábil pasa ao luns).

– Data final para a comunicación de cambios na Solicitude Única por parte do agricultor, derivados dos controis preliminares: 22 de xullo.

– Data final para a comunicación de cambios na Solicitude Única por parte do agricultor, derivados dos controis por monitorización: 31 de agosto, excepto no caso do pago específico para o cultivo do algodón, que será o 31 de outubro. Non obstante o anterior, as comunidades autónomas poderán modificar esta data

B) Procedemento de presentación das comunicacións de cesións de dereitos de pago básico:

– Como consecuencia do atraso da data límite para a presentación das modificacións á Solicitude Única até o 30 de xuño, a data límite para presentar as comunicacións de cesións de dereitos de pago básico tamén se atrasa até o 30 de xuño.

C) Consideracións relativas ao SIGPAC:

Revísanse os prazos de presentación dunha solicitude de modificación do SIGPAC, para que teña efectos na campaña 2020:

– Data final para a presentación das solicitudes de modificación do SIGPAC que deban ser tidas en conta na campaña en curso: 30 de xuño. O anterior sen prexuízo de que as comunidades autónomas poidan decidir modificar o devandito prazo

-No caso dos agricultores que teñan que solicitar unha modificación ao SIGPAC como consecuencia dos resultados dos controis preliminares: 22 de xullo

-No caso dos agricultores que teñan que solicitar unha modificación ao SIGPAC como consecuencia dos resultados dos controis por monitorización: 31 de agosto

Respecto de dous últimos puntos, as comunidades autónomas poderán decidir realizar ditas modificacións de oficio para axilizar a súa resolución.

2) Datas que afectan o cumprimento dos requisitos de admisibilidade:

Como consecuencia do atraso da data límite para a presentación das modificacións á Solicitude Única até o 30 de xuño, a data que se ten que tomar como referencia para o cumprimento dos seguintes requisitos de admisibilidade das axudas tamén se establece no 30 de xuño:

– Ser titular dos códigos REGA declarados, tanto no caso de solicitantes que declaran pastos como parte da súa actividade agraria en virtude do indicado no artigo 11.6.a) do Real Decreto 1075/2014, como nos casos de solicitude de dereitos á reserva nacional de pago básico, nos que se declaren pastos como hectáreas admisibles nos que se solicita tal asignación, conforme ao indicado no artigo 25.1.b) do Real Decreto 1076/2014.

– Ter a disposición as hectáreas admisibles utilizadas para justificar dereitos de axuda, en virtude do indicado no artigo 15 do Real Decreto 1075/2014.

– No que se refire á solicitude de dereitos de pago básico da reserva nacional, ter a disposición as hectáreas admisibles polas que se solicita a asignación conforme ao establecido o artigo 25.1.c) do Real Decreto 1076/2014, sendo esta a superficie que se toma como referencia para a asignación dos devanditos dereitos ou incremento dos existentes, conforme ao establecido nos artigos 26.1.c) e d), e 26.2.b) e c) do mesmo real decreto.

– No que se refire ao acceso á reserva nacional de dereitos de pago básico polo suposto de novo agricultor, dispor dun expediente favorable de concesión da axuda de primeira instalación no ámbito dun Programa de Desenvolvemento Rural, ou posesión dun nivel de capacitación agraria suficiente e estar de alta no réxime de Seguridade Social correspondente á actividade agraria en virtude do indicado nos artigos 24.3.a)1º e 25.2.a), b) e e) do Real Decreto 1076/2014.

– No que se refire ao acceso á reserva nacional de dereitos de pago básico polo suposto de novo agricultor, estar en posesión dun nivel de capacitación agraria suficiente e estar de alta no réxime de Seguridade Social correspondente á actividade agraria que determine a súa incorporación, en virtude do indicado nos artigos 24.4.a) e b) e 25.3.b) e c) do Real Decreto 1076/2014.

– No que se refire á axuda a novos agricultores, dispor dun expediente favorable de concesión da axuda de primeira instalación no ámbito dun Programa de Desenvolvemento Rural, ou posesión dun nivel de capacitación agraria suficiente, en virtude do indicado no artigo 25.b) 3º do Real Decreto 1075/2014.

– No que se refire á axuda asociada aos legumes de calidade, estar inscritos, ou en proceso de inscrición, nalgunha denominación de calidade das relacionadas na parte II do anexo XI, conforme ao indicado no artigo 42.a) do Real Decreto 1075/2014.

– No que se refire á axuda asociada aos tomates para transformación, presentar a información da superficie total das parcelas das que proceden os tomates entregados, recollida nos contratos celebrados entre o agricultor ou a OP e a industria transformadora, así como, no seu caso, a modificación dos contratos presentados, conforme ao indicado no artigo 51.b) do Real Decreto 1075/2014.

– No que se refire ás axudas asociadas á gandaría, manter a titularidade das explotacións nas que se atopen os animais susceptibles de percibir a axuda, conforme ao indicado no artigo 58.7 do Real Decreto 1075/2014.

– No que se refire ás axudas asociadas ás explotacións de ovino e caprino, no caso de mozos gandeiros e de gandeiros que comezan a súa actividade, o 30 de xuño é a data de referencia para establecer os animais con dereito ao cobro desta axuda, pois se tomará a última declaración censal dispoñible a esa data, conforme ao indicado no artigo 71.2 do Real Decreto 1075/2014.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información