Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia programan unha xornada técnica en Lugo o venres 26

Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia programan unha xornada técnica en Lugo o venres 26
Data inicio: 26/10/2018
Data fin: 26/10/2018
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Lugo.

As Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia celebrarán unha xornada técnica o venres 26 de outubro en Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos. O encontro, no que se fará balance do primeiro ano de funcionamento de Vaca e Boi de Galicia, servirá para coñecer novas tendencias de mercado e consumo no sector do vacún de carne. Tamén haberá unha mesa redonda con participación de tres ganderías que están cebando animais rubios, cruces ou frisóns no marco da nova IXP Vaca e Boi de Galicia.

O programa da xornada é o seguinte:

10 h. – Presentación da xornada e situación actual da IXP Vaca Galega / Boi Galego (Jesús González, presidente do Consello Regulador).

10.30 h. – O seguro do gando vacún, unha ferramenta fundamental para a xestión de riscos na explotación. (Ramón Martín Blanco, director territorial Noroeste de Agroseguro).

11 h. – Importancia das certificacións ambientais no sector do vacún de carne. (José Luis Cortiñas, xestor ambiental).

11.40 h. – Descanso.

12 h. – Origin Green, a aposta de Irlanda pola sostibilidade ambiental na produción de vacún de carne. (Cecilia Ruíz, directora de Bord Bia España).

12.45 h. – Experiencias reais na produción de Vaca e Boi de Galicia.

– Criador de vacas (Ángel Santos, Friol).
– Criador de bois rubios e cruce (Blas Vila, Monterroso).
– Criador de bois frisóns (Eliseo Vázquez, Paradela).

13.45 h. – Tendencias no consumo de carne de vacún: importancia dos elaborados cárnicos. (Carlos Rodríguez, presidente de Cedecarne e director xeral de Raza Nostra).

14.30 h. – Conclusións e clausura da xornada.

14.45 h. – Xantar.

As persoas interesadas en asistir á xornada, de carácter gratuito, poden inscribirse a través do correo electrónico consello (arroba) vacundegalicia.com ou chamando ós teléfonos 981-57.57.86 ou 981-57.48.99.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información