A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Terdim controla un amplo espectro de malas herbas no millo con alta persistencia”

O herbicida de SIPCAM Iberia para uso en pre-emerxencia do cultivo actúa contra as malas herbas máis habituais de folla ancha, de folla estreita e xuncia

“Terdim controla un amplo espectro de malas herbas no millo con alta persistencia”

Inspección dunha plantación de millo tratada con Terdim. / Imaxe: Sipcam.

O herbicida para millo Terdim®, de SIPCAM Iberia, destaca pola súa persistencia e polo seu control dun amplo espectro de malas herbas, incluída a xuncia. Falamos sobre as súas características e recomendacións de uso do produto con Patricia de Blas, delegada de Marketing Operativo e especialista en cultivos extensivos da compañía.

Que diferenza a Terdim® do resto de produtos para millo?
– Os nosos clientes merécense unha solución herbicida de primeiro nivel, para o seu uso na pre-emerxencia do cultivo, que estea desenvolvida pensando nas características e necesidades do millo galego. Terdim® vén complementar o catálogo actual de SIPCAM Iberia, que tradicionalmente lle veu ofrecendo ao produtor ferramentas solventes, tanto en pre-emerxencia como en post emerxencia do cultivo.

Para que tipo de malas herbas se recomenda a súa aplicación?
– Terdim® está concibido coa intención de ofrecer nun só produto unha solución eficaz tanto para malas herbas de folla ancha (como P. persicaria, Chenopodium, Amaranthus, Portulaca, Solanum, Datura ) como as de folla estreita (Echinochloa, Digitaria, Setaria ou Shorgum) e cun considerable control da emerxencia de xuncia.

En que fase do cultivo e das malas herbas é conveniente o seu emprego?
– Está autorizado para ser aplicado antes da nascencia do cultivo. Recoméndase a súa aplicación sobre solo húmido, ben preparado, ou previamente a unha choiva que incorpore o tratamento, asegurando así a súa máxima eficacia no control das nascencias de malas herbas.
Así, asegurarémonos de ter unha parcela limpa antes do peche do cultivo, fase crítica de competencia con malas herbas.

Que ensaios previos realizaron e cal foi o resultado do herbicida?
– O departamento de Desenvolvemento de SIPCAM Iberia, formado por 6 investigadores, vén realizando probas de campo con Terdim® desde 2017. Realizáronse 21 ensaios nas principais zonas de millo de España (Galicia, Castela e León, Estremadura, Aragón e Cataluña), con resultados moi satisfactorios.

Que destacan do efecto do produto sobre as malas herbas habituais no millo en Galicia?
– Varios son os factores clave neste aspecto:
1º – O moi bo desempeño de Terdim®, evitando a emerxencia de xuncia, unha das principais dores de cabeza do produtor galego.
2º.: A longa persistencia, que nos axuda a controlar as emerxencias graduadas de malas herbas.
3º.: O amplo espectro de control de malas herbas típicas.

Recomendan combinar ou alternar o uso de Terdim® con outros produtos, ben para mellorar a eficacia dos tratamentos, ben para evitar a aparición de resistencias?
– Partindo das características propias da rexión (forte infestación de malas herbas, grandes aportes de esterco, chans ricos e húmidos, presenza de malas herbas resistentes, como Chenopodium ás triazinas) e baseándonos no mencionado desenvolvemento do produto feito en Galicia, é posible atopar situacións problemáticas nas que sexa preciso complementar a acción de Terdim® con outros formulados.

De ser así, con cales?
Desde SIPCAM recomendamos Bismark® como complemento perfecto. Aseguraremos así, por unha banda, o máximo control das malas herbas, e por outro evitaremos a proliferación de poboacións de malas herbas resistentes. Co uso de ambos, estamos a aplicar 4 materias activas con modos de acción totalmente distintos entre si.

  Famiia química Modo de acción Código HRAC
Terdim®      
Terbutilazina Triazinas Inhibición del fotosistema II en la reacción de
Hill
C1/5
Dimetenamida-p Cloraoacetamidas Inhibición de la división celular K3/15
Bismark®      
Pendimetalina Dinitroanilinas Inhibe la formación de microtúbulos K1/3
Clomazona Isoxazolidinonas Inhibición de la enzima DOXP F4/13

É posible a súa combinación en tanque con outro tipo de produtos, como praguicidas?
– No momento de aplicación de Terdim®, a pre-emerxencia do millo, non adoitan aplicarse outros fitosanitarios, pero non vemos inconveniente en facelo.

No noso catálogo contamos cun produto insecticida con abono microgranulado, moi coñecido en Galicia, Trika® Lambda 1. Este aplícase xunto coa semente no momento de sementeira para, ademais de combater as principais pragas de chan, lograr máis plantas por hectárea, con maior uniformidade e vigor grazas ao seu efecto estárter.
Con estas dúas ferramentas, o agricultor está a apostar polo éxito da súa colleita desde o principio: máis plantas, máis fortes e sen competencia.

Que recomendacións de manexo lle darían a un agricultor para un bo control de malas herbas en millo ao longo de sucesivas campañas?
– É importante en chans tan ricos e húmidos como os galegos practicar unha loita contra as malas herbas na que se combinen a rotación de cultivos, os labores mecánicos e a alternancia de herbicidas de distintos modos de acción.

Se por comodidade acabamos utilizando o mesmo herbicida continuadamente ano tras ano, potenciaremos as herbas presentes, que de forma natural son xa resistentes a el, xerando así unha poboación resistente.

2 ideas sobre ““Terdim controla un amplo espectro de malas herbas no millo con alta persistencia”

  1. Manola Romero

    Gustaría me saber ,Ainda q pensen q son un poco ignorante,? Se lle boto terdin o millo, ?botollo antes de sembralo ou despois? gracias

    Contestar
    • Campo galego

      Podes botalo despois de sementar, pero sen deixar pasar moito tempo, xa que hai que botalo antes de que naza o millo.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *