Pode ser o piñeiro taeda unha alternativa ao radiata en Galicia?
O problema das enfermidades fúnxicas, como a banda marrón, ameaza á cadea forestal das coníferas nas comunidades do cantábrico, forzando unha busca de alternativas ao piñeiro insigne, o máis afectado. Os expertos poñen o foco na necesidade de estudar procedencias compatibles cos nosos solos e climatoloxía no surleste dos EEUU, de onde é orixinario o 'piñeiro amarelo'